Skip to Content

Regueifas baixo os carballos (Coia)

18/06/2022 17:00

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez estarán na Festa da Bouza, no barrio de Coia, amenizando a tarde coas súas regueifas. O evento regueifeiro comezará ás 5 da tarde.

Fin de Curso CIOV 2021-2022 - Master Class

10/06/2022 19:00

Os regueifeiros de Bergantiños Lupe Blanco e Suso de Xornes estarán na festa final de fin de curso do CIOV deste ano, que se celebrará no Café De4a4, sito na rúa de Girona 16(Vigo). No serán regueifeiro, que comezará ás 7 da tarde, participarán os anteditos bard@s bergantiñáns ofrecendo ao alumnado unha master-class, na que demostrarán as súas capacidades e contarán algunhas das súas anécdotas no mundo da regueifa. Ademais, tamén está prevista unha roda final de regueifas entre todo o alumnado e o profesorado presente no evento.

Regueifeirxs do CIOV no Rosal

04/06/2022 19:00

O alumnado do curso de regueifa do CIOV 2021-2022 realizará a súa primeira aparición oficial o sábado día 4 no lugar de Eiras, O Rosal. A actuación, que será o broche final ao curso deste ano, está organizada pola Asociación Cultural O Ghorghalado, sita na antedita aldea de Eiras. No evento, que comeza ás 7 da tarde, tamén actuarán as pandeireteiras Tremelique.

Regueifa en Sanamedio (Bueu)

11/06/2022 19:00

O día 11 de xuño haberá regueifa no "ID´A SAN MOMED", xornadas de poesía e mar en Sanamedio (Bueu); coa participación de Lupe Blanco e Kike Estévez.

Regueifa en Bueu

17/05/2022 19:00

Os regueifeiros Lupe Blanco e Suso de Xornes actuarán en Bueu o día 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas.

Regueifa na Bouza

17/05/2022 18:00

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez actuarán en Vigo, no parque da Bouza, o día 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas.
SUSPENDIDA

ACTUACIÓN SUSPENDIDA POR MOR DA CHUVIA

RegueiMúsicas para a Semente

24/04/2022 18:00

[vía Semente Trasancos]

Regueifas com: Manolo Maseda, Séchu Sende, O Rabelo, Lupe Blanco e as Regueifeiras da Semente
Música com: High Paw e Gaëlo

Encontro "Regueiglobertso"

07/04/2022 12:00

[vía Regueifesta]

Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e Vila de Cruces están participando no encontro "Regueibertso" en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso.Regueifeir@s da Galiza, glosad@rs dos Paises Cataláns e bertsolaris basc@s adolescentes reúnense neste encontro de dúas xornadas educativas.

Esta é a cuarta vez que regueifeiras adolescentes visitan Igorre, nun proxecto que ven reunindo cada ano repentistas de Galiza, Cataluña e Galiza nun destes tres países. O vindeiro ano Galiza será o país anfitrión.

Festival de Regueifa en Moaña (para Alumnado de 5º Primaria)

05/04/2022 10:00

Ata 130 estudantes de 5º de Primaria de case todos os colexios de Moaña participarán mañá na Sala Celso Parada de Quintela nun festival de poesía improvisada.

Regueifeiras no Fiando Redes do Rosal

26/03/2022 20:00

A Asociación de Mulleres Rurais de Fornelos de Montes organiza o espectáculo e obradoiro "Regueifeiras" a través do programa Fiando Redes da Deputación de Pontevedra e en colaboración co Concello. No evento participarán Lupe Blanco e Olalla Liñares.

Distribuir contenido