Xa está aberto o prazo de inscrición no Curso de improvisación oral en verso do CIOV (2020-2021). As aulas, impartidas polo regueifeiro Josinho da Teixeira, serán os luns pola tarde no quinto andar do Auditorio do Mar de Vigo, con todas as medidas de seguridade.
O vindeiro sábado día 29 de agosto, @s regueifeir@s Alba María e Kike Estévez presentarán a XXXV Xuntanza de Gaiteiros de Monterrei que se celebrará na contorna do castelo da antedita localidade. O evento será retransmitido por streaming dende a canle de youtube XoseLoisFoxoLive.