Skip to Content

Regueifeira en Carballo

23/02/2020 18:00

O domingo 23 de febreiro a regueifeira Lupe Blanco presentará o Concurso de Disfraces de Carballo, dotado cuns xugosos 8.000 euros que animan moito á participación. O prazo para se anotaren os grupos está aberto ata o mércores 19.

“De brindos e loias”. Introdución ao canto improvisado na montaña luguesa

07/03/2020 16:00

“De brindos e loias”. Introdución ao canto improvisado na montaña luguesa

Mais un monográfico este ano sobre a improvisación oral, desta volta arredor do xénero no Courel e Ancares con Kike Estévez, autor da monografía recentemente publicada “O Ribeira de Louzarela. Brindador da dentro“. Este curso está orientado non só para persoas xa iniciadas noutras modalidades repentizadas galegas, coma a regueifa, senón para todo o alumnado xeral interesado nas peculiaridades propias destes cantos da montaña luguesa.

Regueifeira no Día dos Medios en Galego

07/02/2020 20:30

A regueifeira Lupe Blanco será a encargada de presentar o evento en celebración do Día dos Medios en Galego, que se celebrará en Carballo o día 7 de febreiro. O acto, no que tamén participarán Avelino García e o grupo punkgalaico Terbutalina, realizarase no Casino 1889 e comezará ás 20.30h.

Regueifa no Festival Rosalía 2020

29/02/2020 12:30

A Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e o Museo do Pobo Galego organizan o 3º Festival Rosalía ao longo do día 29 de febreiro en Compostela. O evento, que se celebrará na praza de Cervantes, contará con diversas actividades durante toda a xornada, entre as que atopamos dúas onde a regueifa será a protagonista. En primeiro lugar haberá un obradoiro contra ao mediodía, que contará coa participación d@s regueifeir@s Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Kike Estévez.

Regueifa en Gondomar

15/02/2020 18:00

Os regueifeiros Mani Braga, o Trasno da Fraga; e mais KIke Estévez, o Fedello de Xixín, serán os encargados de presentar e guiar o 4º Certame de Coplas de Entroido de Gondomar que se celebrará o sábado 15 de febreiro.

Regueifeiros en Xinzo de Limia

11/02/2020 10:20

O día 11 de febreiro, os regueifeiros Josinho da Teixeira e Kike Estévez realizarán dous obradoiros de regueifa no IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia.

Regueifada no San Brais

01/02/2020 13:00

O día 1 de febreiro celebrarase unha regueifada no furancho Chegar e Encher coa presenza do alumnado dos dous cursos regueifeiros que se celebran na cidade de Vigo: Regueifeirxs do CIOV vs Regueifeirxs do Faísca. O evento dará comezo sobre as 13.00h.

Regueifeiras en Raxó

03/09/2020 21:30

As regueifeiras Alba María e Lupe Blanco actuarán no festival Reinicia o Verán de Poio. Será o 3 de setembro ás 21.30h.

Regueifeiras no programa "A Tarde" da Radio Galega

03/09/2020 19:00

As regueifeiras Alba María e Lupe Blanco e mais o regueifeiro Kike Estévez partillaron conversa con Aser Álvarez, director e presentador do programa "A Tarde" da Radio Galega.

"Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!

11/09/2020 22:00

"Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!

Co desexo de promover e difundir os valores artísticos da regueifa así como de incentivar a súa práctica e difusión; este venres día 11 dará comezo o "Vai de regueifa", novo concurso no programa Luar da TVG.

Se tes máis de 16 anos e queres anotarte manda un correo electrónico a: luar.vaideregueifa@gmail.com ou a luar@crtvg.es; cos teus datos persoais e unha pequena mostra da túa arte regueifando...

Veña! Bulide! Anotaivossss!

Distribuir contenido