Skip to Content

Novidades

Metodoloxía Didáctica da Improvisación en Verso

Adiantamos o índice deste traballo, que proximamente estará a disposición de todas as persoas interesadas, levado a cabo por Marina Porto Crespo para comezar a cumprir unha das principais arelas de Oral, achegar e recopilar información e documentación para ir enchendo o oco que hai no tocante ao estudo formal e profundo que a regueifa e o resto de formas de improvisación oral merecen dentro do marco da nosa Cultura Popular e Tradicional.
Isto foi posible grazas á subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia dentro dos Programas de Promoción de Emprego.Programas de Cooperación Xunta de Galicia con outras administracións e entidades. Cofinanciado polo Fondo Social Europeo

Obradoiro de Técnicas de Improvisación Teatral Aplicadas á Regueifa

Para máis información pica aquí