- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Entrega dos premios da VIII Edición do Enreguéifate
- XIV Certame de Regueifas Escolar do Concello de Vigo
- Certame Enreguéifate 2025
- O "I Campus de Regueifa" reunirá adolescentes regueifeiras de todo o país en Vilalba
- Vilalba organiza o “ I Campus de Regueifa” para a Nova Regueifa
- O Regueifa Tour chega a Vila de Cruzes o 13 de dezembro
- Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
- Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- As regueifas animan o Revoltallo
- As regueifas chegaron a Cuba
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Entrega dos premios da VIII Edición do Enreguéifate
Enviado por admin o Xoves, 22/05/2025 - 10:56.
O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu, o luns 19 de maio, a gala de entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, que fomenta a improvisación oral en verso en lingua galega. O acto, celebrado conxuntamente coa Regueifesta e co programa Regueibertso da Deputación de A Coruña, tivo como mestres de cerimonias a Manolo Maseda, Séchu Sende, Lupe Blanco, O Rabelo, Nuria das Cruces e Xairo d'Herbón. Amenizaron a Orquestra da Regueifa e as Pandeireteiras do Camballón e asistiron preto dun milleiro de persoas de máis de vinte colexios e institutos de toda Galicia e de Euskadi.
Na categoría xeral o premio para a regueifa máis inclusiva foi para os "Teiseiros Regueifeiros" co seu vídeo "Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro". Trátase dos usuarios do Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo.
Entre os premiados había centros escolares de Ames, Cabanas ou Poio, entre outros, así como a Escola da Regueifa de Carballo.