- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Villanueva de Tapia (Málaga) celebra o seu festival de cante de poetas con trovadoras de 5 países
- A regueifa viaxa a Berlín
- Entrega dos premios da VIII Edición do Enreguéifate
- XIV Certame de Regueifas Escolar do Concello de Vigo
- Certame Enreguéifate 2025
- O "I Campus de Regueifa" reunirá adolescentes regueifeiras de todo o país en Vilalba
- Vilalba organiza o “ I Campus de Regueifa” para a Nova Regueifa
- O Regueifa Tour chega a Vila de Cruzes o 13 de dezembro
- Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
- Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- As regueifas animan o Revoltallo
- As regueifas chegaron a Cuba
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Villanueva de Tapia (Málaga) celebra o seu festival de cante de poetas con trovadoras de 5 países
Enviado por admin o Mércores, 23/07/2025 - 10:12.
Este ano participarán decimistas e músicos de toda España e de Cuba, Colombia, Panamá e Arxentina.
Cuba estará representada polas recoñecidas artistas Adriana Fajardo e Anamarys Gil, acompañadas polo repentista Emiliano Sardiña, que volve por segunda vez ao festival, e polos músicos Yúlex Ricaño e Alexander Alonso.
Colombia repite nesta edición coa inxeniosa Leidy Joana Mejía e dúas novas incorporacións: humor e chispa da man de Juan Fernando Zapata “El Paisita” e o trobador e músico Martín Usquiano, que sorprenderán coa improvisación vertixinosa colombiana.
Panamá tamén regresa con dous artistas coñecidos: Jazmín Muñoz cantando mellorana, e o virtuoso do violín José Augusto Broce.
Arxentina completa o cuarteto iberoamericano e o cadro internacional coa presenza do recoñecido improvisador e músico Wilson Saliwonczyk.
España, pola súa parte, asiste ao festival con algúns dos mellores representantes das rexións senlleiras no universo do trovo e da improvisación poética. Por unha banda, Canarias acode cos versadores Yapci Bienes e Eduardo Duque, acompañados de novo polo veterano Joseíto Bienes, e coa música do experimentado laudista Fernado Murga “Murguita” e do mozo Jonay Castilla á guitarra. Galicia trae unha das voces imprescindibles da regueifa actual da man de Lupe Blanco, que volve este ano acompañada pola moza Nuria Penas.
Murcia e Cartagena, que, aínda que sexan da mesma provincia, achegan dous estilos algo diferentes, participan cos seus mellores troveros, incorporando dúas representantes femininas por parte da Asociación Trovera José Mª Marín de Cartagena. Almería estará representada por dous grandes, Sevilla e Barranquito, xunto co seu guitarrista Paco Fernández e a violinista Lorena Fernández Rodríguez.
Os anfitrións, Os poetas do Genil, con El Lojeño e Dominguillo, xunto co poeta de Monturque, José Cabello “El Carbonero”, representarán a esencia da terra, da zona onde se fai verso o canto de poetas. E tamén estarán presentes as novas promesas de Loja Marina Malagón, Laura Campillo e as irmás Marta e Mireia Ayllón, xunto co mozo poeta algaideño José Ángel Ortiz.
Por último, o alcalde de Villanueva de Tapia explicou que o cartel anunciador do festival deste ano recolle unha imaxe de Tomasita Quiala, como homenaxe a unha das referentes da trova cubana recentemente falecida.