Skip to Content

Éxito da regueifa en Villanueva de Tapia e máis en Trovalia (Cartaxena)

As regueifeiras galegas Lupe Blanco e Nuria Penas estiveron as pasadas semanas levando a súa improvisación ao festival de Villanueva de Tapia e ao Trovalia que se celebra en Cartaxena.
Alí volveron poñer en valor a nosa tradición e a nosa cultura xa que como elas mesmas recoñeceron todos "entenden o galego!". A velocidade da improvisación nas regueifaa, en comparación coas décimas, e a utilización de instrumentos tradicionais, como a pandeireta tamén chamaron a atención doutros participantes así como do público.
En Villanueva de Tapia cantaron xunto con xente doustro países, como Arxentina, Colombia, Cuba ou Panamá, así como improvisadores de Canarias ou os poetas do Genil e de Almería.
Neste encontro unha das actuacións que máis chama sempre a atención son os cruces entres distintos repentistas. Así, por exemplo, Lupe regueifou con xente de Colombia e do Genil, "nós coas nosas melodías e eles coas súas", o que ao final implica unha mezcla entre a trova colombiana e a regueifa.
En Cartaxena, foi moi emotiva a actuación diante do concello, xa que debido a tradición do naval na cidade murciana hai moitos galegos, emocionados escoitando as regueifas. Ata se animaron a aturuxar!

Medre a regueifa!