Skip to Content

Documentos sonoros

Esta sección dedicarémola á ordenación e ao arquivo de documentos sonoros dende as primeiras gravacións da regueifa ou o brindo ata as recollidas hoxe en día.

Por unha banda, comezaremos con audios de Certames da Oral nos seus primeiros anos e con outros documentos sonoros que están na Internet, como os que se atopan no APOI, aos que xuntaremos cadansúa ligazón correspondente.

Velaquí un exemplo tirado do APOI, do gran Ribeira de Louzarela no ano 1995 e compilado por Xesús Mato:

Río Montero, Antonio "Ribeira de Louzarela" O ganado na labrada.