Skip to Content

Regueifada no San Brais

01/02/2020 13:00

O día 1 de febreiro celebrarase unha regueifada no furancho Chegar e Encher coa presenza do alumnado dos dous cursos regueifeiros que se celebran na cidade de Vigo: Regueifeirxs do CIOV vs Regueifeirxs do Faísca. O evento dará comezo sobre as 13.00h.

Regueifeiras en Raxó

03/09/2020 21:30

As regueifeiras Alba María e Lupe Blanco actuarán no festival Reinicia o Verán de Poio. Será o 3 de setembro ás 21.30h.

Regueifeiras no programa "A Tarde" da Radio Galega

03/09/2020 19:00

As regueifeiras Alba María e Lupe Blanco e mais o regueifeiro Kike Estévez partillaron conversa con Aser Álvarez, director e presentador do programa "A Tarde" da Radio Galega.

"Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!

11/09/2020 22:00

"Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!

Co desexo de promover e difundir os valores artísticos da regueifa así como de incentivar a súa práctica e difusión; este venres día 11 dará comezo o "Vai de regueifa", novo concurso no programa Luar da TVG.

Se tes máis de 16 anos e queres anotarte manda un correo electrónico a: luar.vaideregueifa@gmail.com ou a luar@crtvg.es; cos teus datos persoais e unha pequena mostra da túa arte regueifando...

Veña! Bulide! Anotaivossss!

Regueifeir@s na Pobra do Caramiñal

11/01/2020 19:00

@s regueifeir@s Lupe Blanco e Kike Estévez ofreceran unha actuación na Asociación Eiradela da Pobra do Caramiñal.

Actuación e obradoiro de regueifa en Pontevedra

17/01/2020 19:30

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez ofrecerán unha actuación/obradoiro en Pontevedra.

Regueifeiras en Ponteceso

18/01/2020 17:30

As regueifeiras Lupe Blanco e Alba María estarán na quinta Festa do Socio de la Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva A’Xolda, de Cores-Nemeño (Ponteceso) o 18 de xaneiro de 2020.

XXII Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso en Valadares

14/12/2019 20:00

Chega o XXII Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso de Valadares

Presentación de "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro" no Cebreiro

15/12/2019 17:00

O 15 de decembro realizarase a presentación do libro "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro" no salón de actos do concello de Pedrafita do Cebreiro, coa participación de Antonio Río Montero, brindador de 93 anos da aldea de Louzarela (Pedrafita do Cebreiro).

Brindador@s en Quiroga

13/12/2019 19:00

Alba María e Kike Estévez actuarán na igrexa parroquial de San Martiño de Quiroga, ofrecendo unh espectáculo de improvisación poética, co gallo das actividades arredor do proxecto é-brindo d´aCentral Folque.

Distribuir contenido