Skip to Content

Regueifas no programa "No Nadal un conto"

28/12/2021 12:00

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza unha serie de regueifas durante este Nadal, dentro do programa "No Nadal un conto". As regueifas terán lugar en catro xornadas diferentes, e celebraranse nos mercados da cidade durante o mediodía. O día 28 de decembro gozaremos coa disputa en verso na que participarán os regueifeiros Kike Estévez e Josinho da Teixeira, e que terá lugar no Mercado do Calvario. Nesta actuación participará tamén Albiña de Coia, representante da nova xeración da regueifa e alumna dos obradoiros impartidos pola Asociación ORAL nos centros escolares da provincia de Pontevedra.