Skip to Content

Certame provincial de Regueifa

13/10/2021 09:00

A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Lingua e en colaboración coa Asociación Oral de Galicia, vén de impulsar un novo Certame provincial de Regueifa que conta coa participación de 41 centros de Ensino Secundario da provincia.

Camiños de músicas | 'Regueifas, brindos e loias' con Kike Estévez

18/09/2021 17:00

Regueifas, brindos e loias busca ser, a un tempo, unha mostra e un obradoiro activo para toda a familia no que se escoitaremos formas de repentización e aprenderemos e practicaremos as claves para construír regueifas propias. Aínda que o repente galego tracicional é "a capela" (tanto a regueifa coma o brindo ou a loia), neste obradoiro achegarémonos a outras variedades melódicas a través de diferentes instrumentos tradicionais galegos.

O brindo: a impro oral do Caurel na SELIC de Compostela

10/09/2021 17:30

@s brindador@s Kike Estévez e Lupe Blanco brindan polo Ribeira de Louzarela na SELIC de Compostela.
Ademais da actuación dos brindadores, haberá unha pequena presentación do libro do Ribeira de Louzarela, escrito por Kike Estévez e editado pola Central Folque.

Regueifa na Semana Cultural de Brantuas e Niñóns

02/09/2021 21:00

O xoves 2 de setembro, ás 21.00, a regueifa terá cabida na Semana Cultural en Brantuas e Niñóns de mans de Lupe Blanco, Suso e Antonio de Xornes.

XXIV FILANDÓN DE MUSICAS DO CAUREL

08/08/2021 19:00

O Concello de Folgoso do Courel e a Escola de Gaitas do Caurel organizan o XXIV Filandón de Musicas do Caurel o vindeiro 8 de agosto. No evento participa o brindador Kike Estévez.

Regueifeirxs na Xuntanza de Gaiteiros de Monterrei

28/08/2021 19:30

Xs regueifeirxs Alba María e Kike Estévez presentarán a Xuntanza de Gaiteiros que se celebra todos os anos por estas datas en Monterrei (Ourense)

Regueifa na Revolta do Umia

28/08/2021 17:30

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Josinho da Teixeira estarán na Revolta do Umia deste ano, en Cuntis (Pontevedra)

Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021

11/08/2021 20:00

Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021. Para rematar este ciclo actúan Josinho da Teixeira + Bieito Lobariñas + KIke Estévez

Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021

06/08/2021 20:00

Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021. Desta volta actúan Bieito Lobariñas + Lupe Blanco

Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021

21/07/2021 20:00

Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021. Desta volta actúan Josinho da Teixeira + Lupe Blanco

Distribuir contenido