Skip to Content

Regueifa no "Estouciñando" en Visantoña

18/12/2021 22:00

@s regueifeir@s Lupe Blanco e Josinho da Teixeira actuarán no "Estouciñando" en Visantoña

Regueifeiros no Festifolc Matamá

28/11/2021 20:30

A vindeira fin de semana o Festifolc Matamá contará con dúas xornadas de regueifa. Na primeira delas (venres 27 novembro) participarán a regueifeira bergantiñá Lupe Blanco e mais o regueifeiro vigués Kike Estévez. Na segunda das xornadas (sábado 28), contarán coa presenza de Antonio e Suso de Xornes, regueifeiros míticos da comarca de Bergantiños.

Ambos eventos comezan ás 20.30h e celebraranse no Auditorio da SCDA Matamá.

Regueifeir@s no Festifolc Matamá

27/11/2021 20:30

A vindeira fin de semana o Festifolc Matamá contará con dúas xornadas de regueifa. Na primeira delas (venres 27 novembro) participarán a regueifeira bergantiñá Lupe Blanco e mais o regueifeiro vigués Kike Estévez. Na segunda das xornadas (sábado 28), contarán coa presenza de Antonio e Suso de Xornes, regueifeiros míticos da comarca de Bergantiños.

Ambos eventos comezan ás 20.30h e celebraranse no Auditorio da SCDA Matamá.

Regueifa na muralla humana de estreleiras (Lugo)

21/11/2021 13:30

A regueifeira Lupe Blanco xunto as Regueifeiras da Semente participan na Cadea de Estreleiras pola Muralla de Lugo.

II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)

19/11/2021 10:00

O CVC Valadares acubillará o II Certame Escolar Provincial de Regueifas, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL. A gala será conducida pol@s regueifeir@s Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, e comezará este venres sobre as 10 da mañá, cun auditorio cheo de aproximadamente 500 rapaces e rapazas de 10 institutos da provincia clasificados para este evento.

Regueifeirxs no Luar

12/11/2021 22:00

Na noite de hoxe actuarán os regueifeiros Alba María e Xairo de Herbón no programa Luar da TVG.

IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)

09/11/2021 10:00

O IV Certame Comarcal de Regueifas o Poesía Improvisada celebrarase no auditorio de Cantas e participarán alumnos de oito centros do Morrazo: CPR Sagrada Familia (Cangas), CPR Compañía de María (Cangas), CPR Eduardo Pondal (Cangas), IES de Rodeira (Cangas), IES Monte Carrasco (Cangas), IES A Paralaia (Moaña), IES As Barxas (Moaña) e IES Illa de Ons (Bueu).

Regueifeirxs en Laudio (EuskalHerría)

06/11/2021 19:30

O vindeiro 6 de novembro os regueifeiros Lupe Blanco e Kike Estévez botarán as súas coplas improvisadas no Magosto de Laudio, no País Vasco.
A actuación comezará ás 19.30h.

Regueifeiras do CIOV en Bembrive

30/10/2021 18:32

Este sábado 30 de outubro, dentro da programación de actividades polo 40 aniversario do grupo de baile Helios de Bembrive, haberá unha regueifada por conta de tres alumnas do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV). As actividades comezan ás 18:30

Regueifa no aRitmar Galiza e Portugal

27/10/2021 20:30

O mércores 27 de outubro xúntanse as poesías galegas e portuguesas en Santiago de Compostela. A regueifeira Lupe Blanco presentará o evento. A partir das 20.30 horas, o Auditorio de Galicia acubillará o aRitmar Galiza e Portugal deste ano.

Distribuir contenido