Skip to Content

Regueifas no ciclo "No verán un conto" (Vigo)

03/08/2022 20:45

O programa "No verán un conto" elaborado polo SNL do Concello de Vigo para este verán contará coa presenza de regueifeiras e regueifeiros da Asociación ORAL de Galicia. A segunda xornada será o sábado 6 de agosto, ás 20:45h na praza da Pedra (Casco Vello). A regueifa dese segundo evento correrá a cargo da brava regueifeira bergantiñá Lupe Blanco e mais da cantora e regueifeira viguesa Alba María... Non a perdades!

Regueifas no festival "Abride a Fiestra 2022" (Padrón)

17/07/2022 18:30

O #festivalAbrideaFiestra contará nesta edición de 2022 coas regueifas de Luis Caruncho e Lupe Blanco (+ Regueifeiras da Semente)...

Regueifa na "XXXVII Xuntanza Internacional de Gaiteir@s en Monterrei"

27/08/2022 19:00

O vindeiro 27 de agosto celébrase en Monterrei (Ourense) a "XXXVII Xuntanza Internacional de Gaiteir@s en Monterrei" na que participarán @s regueifeir@s Alba María e Kike Estévez.

Brindos e regueifas no "XXV Filandón de Músicas do Caurel"

07/08/2022 19:00

O vindeiro 7 de agosto celébrase en Seoane do Courel (Lugo) o "XXV Filandón de Músicas do Caurel" no que participarán @s regueifeir@s Lupe Blanco e Kike Estévez.

Regueifa no "V Serán da Seitura" (Manzaneda)

30/07/2022 18:00

O vindeiro 30 de xullo celébrase en Manzaneda (Ourense) o "V Serán da Seitura" no que participarán @s regueifeir@s Lupe Blanco e Kike Estévez.

Regueifa na Gala das Catas de Galicia 2022

06/07/2022 19:30

A regueifeira Lupe Blanco formará parte na Gala das Catas de Galicia 2022. No acto estará acompañada de Tero Rodríguez, coa que realizará un percorrido pola temática do viño e do camiño ata Compostela, facendo unha perfecta maridaxe entre dramaturxia e verso improvisado. Non a perdades!!

Regueifas no Cebreiro

02/07/2022 12:00

Regueifa no "I ENCONTRO INTERNACIONAL DE CESTERÍA NO CAMIÑO"

Este sábado 2 de xullo, no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro terá lugar un encontro de cestería con artesáns e artesás de distintos lugares. Para amenizar a reunión contaremos coa presenza de Lupe Blanco e Kike Estévez que improvisarán coas súas regueifas.

https://www.facebook.com/photo?fbid=546229317096540&set=a.211213210598154

Regueifas baixo os carballos (Coia)

18/06/2022 17:00

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez estarán na Festa da Bouza, no barrio de Coia, amenizando a tarde coas súas regueifas. O evento regueifeiro comezará ás 5 da tarde.

Fin de Curso CIOV 2021-2022 - Master Class

10/06/2022 19:00

Os regueifeiros de Bergantiños Lupe Blanco e Suso de Xornes estarán na festa final de fin de curso do CIOV deste ano, que se celebrará no Café De4a4, sito na rúa de Girona 16(Vigo). No serán regueifeiro, que comezará ás 7 da tarde, participarán os anteditos bard@s bergantiñáns ofrecendo ao alumnado unha master-class, na que demostrarán as súas capacidades e contarán algunhas das súas anécdotas no mundo da regueifa. Ademais, tamén está prevista unha roda final de regueifas entre todo o alumnado e o profesorado presente no evento.

Regueifeirxs do CIOV no Rosal

04/06/2022 19:00

O alumnado do curso de regueifa do CIOV 2021-2022 realizará a súa primeira aparición oficial o sábado día 4 no lugar de Eiras, O Rosal. A actuación, que será o broche final ao curso deste ano, está organizada pola Asociación Cultural O Ghorghalado, sita na antedita aldea de Eiras. No evento, que comeza ás 7 da tarde, tamén actuarán as pandeireteiras Tremelique.

Distribuir contenido