Skip to Content

Regueifa de Nadal no Calvario

26/12/2022 18:00

Co gallo das actividades organizadas pola Concellaría de Normalización do Concello de Vigo para este Nadal, os regueifeiros Luís O Caruncho e Kike Estévez actuarán diante da praza do Calvario o vindeiro día 26 de decembro ás 18.00h. Non faltedes!

Regueifa Mundial no Casco Vello de Vigo

18/12/2022 16:45

O vindeiro domingo 18 ás 16:45h, a regueifa fará presenza no intervalo da final do mundial de fútbol, para desempatar con versos improvisados o encontro balompédico. Será no Restaurante Puro Delirio (Teófilo Llorente, Vigo), onde a regueifa será dona e señora do partido, movendo o balón de banda a banda a través dunha dianteira de luxo formada polo astro redondelán do verso ao primeiro toque, Josinho da Teixeira, e mais pola verticalidade ofensiva do verbo bergantiñán, representado pola coristanquesa Lupe Blanco...

Regueifa en Ames

17/12/2022 19:00

Este sábado 17 de decembro celébrase a 1ª Gala Lingua e Empresa no Concello de Ames, coa presenza dos regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

Regueifa en Corme

08/12/2022 17:00

O club de pensionistas de Corme organiza dúas actividades de balde na Casa do Mar.

04/12: Chalie Braun actuará este domingo, a partir das 16:00 horas, e ensinará os mellores trucos de #maxia.
08/12 #Regueifa a cargo de Suso de #Xornes o vindeiro xoves, a partir das 17:00 horas.

Regueifa en Ponteareas

11/12/2022 17:30

A regueifa recunca ao XXV Algazara Festival da man de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

EspallaRimas

31/12/2022 23:59

Chega unha nova edición do EspallaRimas, os Premios Galegos da Regueifa. Se tes entre 18 e 35 anos e che gusta regueifar, só tes que enviar un vídeo regueifando cun minuto de duración a eventos.carballo@lavoz.es antes do 31 de decembro de 2022.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2022/12/30/span-...

Regueifa no Barco de Valdeorras

11/12/2022 13:00

A regueifeira Lupe Blanco fará un roteiro regueifeiro na entrega de premios do II Concurso de Maridanza, no Barco de Valdeorras.

III Certame Provincial de Regueifas Escolares

18/11/2022 10:00

Chega o III Certame Provincial de Regueifas Escolares a Valadares.

Regueifa en Sabarís

18/11/2022 19:00

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez estarán amenizando a xornada vespertina no mercado de Sabarís, concretamente nun acto denominado "Afinidades diversas" encadrado no "Novembro Lila", conxunto de actividades relacionadas coa xornada do 25N.

https://www.baiona.gal/actividades/programacion-novembro-lila-2022-prese...

Curso de Improvisación Oral do CIOV

26/10/2022 17:00

O vindeiro mércores 26/10/22 comeza un novo curso de improvisación do Centro de Interpretación da Oralidade. As xornadas do curso celebraranse os mércores de outubro a decembro (10 sesións) de 5 a 8 da tarde no Verbum (Samil).

Inscricións aquí: https://snl.vigo.org/post/curso-de-improvisacion-oral-en-verso-ciov-(de-outubro-a-decembro-2022)

Distribuir contenido