Skip to Content

Regueifa na IX Mostrafeira de Gondomar

15/04/2023 13:00

O vindeiro sábado 15 de abril, a regueifa estará presente na Feira de artesanía de Gondomar, coa actuación dos regueifeiros Luís "O Caruncho" e Kike Estévez

https://telemarinas.com/feria-multisectorial-de-artesania-en-gondomar/?f...

Regueifas premiadas no certame Enreguéifate 2023

Xa se coñecen as regueifas premiadas na sexta edición do certame Enreguéifate, impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo, que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír á promoción do uso da lingua galega.

A entrega de premios será o 14 de abril nunha gala que se celebrará no Auditorio de Galicia.

Enreguéifate 2022-23

Finaliza o prazo de inscrición no Enreguéifate 2022-23 con 43 vídeos recibidos

O pasado venres, 10 de marzo, pechou o prazo para participar no Enreguéifate 2022-23. Unha inscrición que rematou cun total de 43
regueifas anotadas: 35 delas na categoría escolar e 8 na xeral, chegadas desde todos os recunchos de Galicia, desde Carballo, Burela, Compostela, Dodro,
Vila de Cruces, Pontevedra, Teo, Vilalba ou Ames, entre outros. As regueifas participantes xa poden verse na canle de Youtube do certame e
tamén na web.

Aulas de REGUEIFA E IMPRO ORAL en Vilar de Santos

11/03/2023 12:00

Comezan as aulas de Regueifa e improvisación oral impartidas por Alba María na Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense). A sesión inicial será o sábado 11 de marzo de 12h a 13h30.

Regueifa en Ribadavia

11/03/2023 18:04

Un ano máis, con motivo da celebración do Día da Muller 8M, chega unha nova edición da Cata de enólogas e colleiteiras do Ribeiro. Para amenizar a xornada,o acto contará coa participación da regueifeira Lupe Blanco.
Punto de inicio do encontro comeza no Castelo de Ribadavia.
Lugar de celebración da cata; Igrexa da Madalena.
Día 11 marzo 2023, ás 18h.

Presentación regueifeira en Carballo

05/03/2023 12:00

A gran regueifeira Lupe Blanco fará de presentadora e moderadora no acto titulado "As mulleres teñen a palabra", e que se celebrará 5 de marzo no Fórum Carballo.

II Obradoiro de brindos guímaros

03/03/2023 20:15

A cargo de Alba María, Sara Marchena, Nuria Penas e Lorena Medela; na cantina de Julia (Salcedo, A Pobra do Brollón)

Regueifa no Slam Poetry Compostela

01/03/2023 21:00

A regueifeira Alba María participará como convidada especial no Slam Poetry Compostela, que se celebrará na sala Riquela (Compostela), o 1 de marzo de 2023.

Regueifa no Vociferio 2023

24/02/2023 20:30

A regueifa terá presenza no Festival Vociferio 2023, coa participación da regueifeira Alba María.

Regueifa e Desgarrada minhota na 9ª edición do Convergências

12/02/2023 16:00

A parella de Cantadores ao Desafio, Augusto Canário e Cândido Miranda estarán acompañados polos regueifeiros Bieito Lobariñas e Luís O Caruncho; na praceta Rosalía de Castro de Nogueiró, o domingo 12 de febreiro ás 16.00h.

Sinopse: Animação e alegria não irão faltar, nesta tarde em que estarão evidenciadas as semelhanças entre as duas culturas, representadas pelos seus cantares tradicionais na sua forma mais pura.Non a perdades!

Distribuir contenido