Skip to Content

Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025

Cursos CIOV 2024/2025

Xa está aberta a inscrición para os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) durante o ano lectivo 2024/2025. Por unha parte, o Curso de Improvisación Oral en Verso, que se celebrará de decembro do 2024 a novembro do 2025; e, pola outra o Curso de Narración Oral, que se desenvolverá nas mesmas datas.
Data de inicio Curso Improvisación Oral en Verso: 4 decembro 2024
Data de inicio Curso Narración Oral: 10 decembro 2024

Módulo de Narración oral/Contacontos

10/12/2024 17:00
22/05/2025 20:00

O profesorado será Marta Ortiz e Dani Blanco {Narración oral/Contacontos}, Déborah Vukušić {ferramentas teatrais para a narración oral}, e Silvia
Penas {poesía orientada á oralidade}.
Impartirase no Verbum os xoves, de 17:00 a 20:00, dende o 10 de decembro de 2024 ata o 13 novembro de 2025.

Módulo improvisación oral en verso

04/12/2024 17:00
22/05/2025 20:00

Achegamento á improvisación oral en verso (regueifas, brindos, xaneiras...), módulo impartido por Branca Trigo (Instagram @brancatrigo).
O curso vai desde decembro de 2024 a novembro de 2025 os mércores, de 17:00 a 20:00 e algún venres.

Regueifas na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín

25/10/2024 20:00

O Ateneo Santa Cecilia de Marín presenta a actuación dos regueifeiros Suso de Xornes e Bieito Lobariñas na Biblioteca Municipal Vidal Pazos. Entrada de balde ate completar aforo.

Documental sobre o II Congreso Iberoamericano de la Décima y el Verso Improvisado

11/10/2024 17:00

Enmarcado dentro das actividades do CIOV, que está a desenvolver un módulo de narración oral, da man de Branca Trigo, vaise presentar un documental sobre o II Congreso Iberoamericano de la Décima y el Verso Improvisado. Asistirán Yiria Otaño, coordinadora xeral do congreso e máis Massiel Paz Otaño, estudiante de 4to año de Ciencia da Computación da facultade de Matemática e Computación da Universidad de La Habana, que vai explicar en qué consiste o proxecto de crear unha plataforma dixital que reúna toda a información xerada en Iberoamérica.

As regueifas chegaron a Cuba

subvencion depo 2024

Do 31 de maio ao 3 de xuño celebrouse en Varadero, Matanzas, Cuba, o II Congreso Iberoamericano de la Décima y el Verso Improvisado. Nesta cita estivo presente a asociación O.R.A.L. de Galicia da man de Bieito Lobariñas e Lupe Blanco. Da ponencia que alí presentaron e da experiencia vivida falou Lobariñas en Radio Valladares.

https://go.ivoox.com/rf/131351706

Regueifas de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga

11/10/2024 19:00

As regueifas animan o Revoltallo

Lobariñas e Josinho no Revoltallo

O Revoltallo, o festival de música que se celebra en Valladares, chegou á súa edición número XXXI e nesta cita fixo un oco no seu programa para as regueifas. Na tardiña do venres Josinho e Lobariñas levaron a súas verbas e a súa música ao carón da cafetería do Centro Cultural de Valladares, animando á xente coa súa retranca e bo humor. Coma sempre houbo tempo para bromas, pero tamén para as reivindicacións sociais e culturais.

Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas

O festival Cante de poetas de Villanueva de Tapia é un referente a nivel mundial para o mundo da improvisación, e o paso da regueifa por el, foi “enriquecedor e proveitoso”, segundo Lupe Blanco, unha das representantes galegas. “Poder compartir tres días cos mellores improvisadores e improvisadoras do mundo faiche abrir os ollos a novas disciplinas que descoñecía, novas melodías, diferentes métricas e tamén moitas similitudes que temos todos á hora de traballar nos nosos
países”.

Regueifas nas rúas en Vigo en Galego

Luís e Bieito en Bouzas

Na primeira semana de setembro as rúas da cidade de Vigo volcáronse co galego nunha actividade organizada pola Concellería de Normalización Lingüística en colaboración con Asociación ORAL de Galicia. Así dende o martes día 3 de setembro ata o sábado día 7 nas distintas ubicacións houbo espectáculo infantil, coa actuación de Paco Cerdeira, Pakolas, que achegou aos nenos a súa Ramona Órbita, o seu último traballo, e despois chegou o turno para os regueifeiros. Bieito e Alba, Lupe e Josinho, Luis e Bieito, Lobariñas e Josinho e Suso e Antonio encheron de retranca as rúas e prazas da cidade.

Distribuir contenido