- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- O Regueifa Tour chega a Vila de Cruzes o 13 de dezembro
- Xornada de portas abertas no módulo de improvisación oral en verso
- Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- As regueifas animan o Revoltallo
- As regueifas chegaron a Cuba
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- Propostas premiadas no certame Enreguéifate 2023
- II Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2023
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2022
- XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)
- II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)
- IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)
- Certame Provincial de Regueifa 2021 (Pontevedra)
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021
- Fin de curso do CIOV 2021
- XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2020)
- Comeza o "Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!
- O derradeiro brindo do Ribeira
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Comezan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
Enviado por admin o Xoves, 24/10/2024 - 12:43.
Xa está aberta a inscrición para os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) durante o ano lectivo 2024/2025. Por unha parte, o Curso de Improvisación Oral en Verso, que se celebrará de decembro do 2024 a novembro do 2025; e, pola outra o Curso de Narración Oral, que se desenvolverá nas mesmas datas.
Data de inicio Curso Improvisación Oral en Verso: 4 decembro 2024
Data de inicio Curso Narración Oral: 10 decembro 2024
O módulo de Improvisación Oral, impartido por Branca Trigo vai ser un achegamento ás regueifas, brindos, xaneiras... Os mércores (e algún venres), de 17:00 a 20:00 no Verbum.
O curso de Narración oral vai dividirse en tres módulos:
1.-O propiamente dito Narración oral/Contacontos que irá do 10 de decembro ata o 27 de marzo. Impartido por Marta Ortiz (do 10/12 ao 19/12) (@martaortiznarradora on Instagram) e Dani Blanco (do 7/1 ao 27/03)
2.-O Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral que irá do 3 de abril ata o 26 de xuño. Impartido por Déborah Vukušić (@lavukusic on Instagram)
3.-O Módulo de Oralidade poética que irá do 11 de setembro ata o 13 de novembro. Impartido por Silvia Penas (@silvia_penas_estevez on Instagram)
Para se inscribir é necesario enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (no “Asunto” debe poñer o nome do curso no que se anota, e indicará o seu nome completo e teléfono de contacto).
https://snl.vigo.org/post/ciov-programacion-para-o-curso-2024-2025-(aberto-o-prazo-de-inscricion)