A regueifa estará presente na homenaxe a Dorothé Schubarth que se realizará no Auditorio da Xunqueira de Redondela o vindeiro sábado día 11. Nela actuarán representantes da Asociación ORAL de Galicia.
Xa están en marcha os obradoiros do Enreguéifate. No día de hoxe os docentes Lupe Blanco e Josinho da teixeira realizaron un obradoiro co alumnado de 6º de Primaria do CEIP A Igrexa-Calo de Teo.
Este sábado 28 de outubro haberá regueifa en Vedra, co gallo do Pasabodeghas da Ulla, en San Miguel de Sarandón. Desta volta serán os regueifeiros Suso de Xornes e Luís O Caruncho os que amenicen a tarde coas súas rimas improvisadas a partir das 18.45.
Xa comezaron os obradoiros escolares para alumnado de secundaria impartidos pola Asociación ORAL de Galicia e financiados pola Deputación de Pontevedra; coma o realizado no día de hoxe polo docente Luís O Caruncho, que impartiu un dos primeiros nas Escolas Proval de Nigrán. Estes obradoiros realizaranse por máis de 40 centros educativos da provincia de Pontevedra durante os meses de outubro e novembro.

Chega a XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción, que terá lugar o 28 de outubro en Lugo.
O proxecto Enreguéifate organiza unha actividade formativa dirixida ao profesorado. Será o venres, 6 de outubro, en horario de tarde (de 16:30 a 20:30 horas), no Espazo Apego, en Santiago de Compostela.