Dende o 12 de xaneiro ata o 1 de marzo de 2024 está aberto o prazo para participar na VII edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.
Para facelo, debedes enviar o voso vídeo regueifando a través do formulario de inscrición que aparece na web do proxecto Enreguéifate: https://enregueifate.gal/edicion-2024/
A participación é aberta e de balde, mais tede en conta que:
– Hai dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.