Skip to Content

Fin de Curso CIOV

27/06/2024 19:00

Congreso Iberoamericano de la Décima y el Verso Improvisado

01/06/2024 19:05

Lupe Blanco e Bieito Lobariñas levarán a regueifa ata Cuba, pois acudirán ao Congreso Iberoamericano de la Décima y el Verso Improvisado.

Final da Liga de regueifa de carballo

25/05/2024 19:00

Este sábado 25 de maio disputouse a gran final da Liga de Regueifa que se veu celebrando en bares da vila todo este mes de maio, organizada pola concellaría de Normalización Lingüística que encabeza a edila Ángeles Pacoret. Sobre hora e media estiveron dándolle aos versos, conta a mestra Lupe Blanco, e cun público entregado: «Estaba o local cheo, de diante a atrás». En cada partido da liga había un gañador, que levaba unha rosca, e o deste venres foi Paco Felípez, por máis que no mundo da regueifa emprega o nome de O Relaxado.

REGUEIFA no Forum Metropolitano da Coruña

16/05/2024 19:00

Regueifa entre Lupe Blanco e Xurxo Souto no Forum Metropolitano da Coruña

XIII Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo

26/04/2024 10:00

Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)

19/04/2024 17:00

No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos:

• Venres, 19 de abril. Oratoria e filosofía de taberna por Manoel da Costa
• Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
• Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
• Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Lorenzo

Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

Programa do acto do venres, 19 de abril de 2024

Monográficos arredor da oralidade. Programación CIOV (19, 23, 25 e 30 de abril 2024)

No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos:

• Venres, 19 de abril. Oratoria e filosofía de taberna por Manoel da Costa
• Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
• Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
• Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Lorenzo

Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

Programa do acto do venres, 19 de abril de 2024

Regueifa na XVI Foliada de Cerqueda

27/04/2024 17:00

A asociación cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica) convocou a súa XVI Foliada e a X Foliadiña para o vindeiro 27 de abril no local social As Pozacas. A asociación quixo dedicar esta edición ás mulleres e homes regueifeiros da parroquia de Cerqueda, onde Celestino de Leduzo era moi coñecido, ademais de varios improvisadores orais, como Carmela e Lola do Ghoriño, Florinda da Tera, Manuel dos Cotelos de Taraio ou Faustino Rodríguez.

Regueibertso 2024

01/05/2024 12:00

A rapazada do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, IES Río Cabe de Monforte e IES Basanta Silva de Vilalba van regueifar a Euskal Herria, noutra edición máis do Regueibertso, convívio entre regueifeiras e bertsolaris adolescentes.

Obradoiros de regueifa do Concello de Vigo

08/04/2024 12:00

Durante este mes de abril, estanse desenvolvendo os Obradoiros de regueifa do Concello de Vigo, que terán o seu colofón definitivo co XIV Certame Escolar de regueifas do Concello de Vigo, que se celebrará o vindeiro venres 26 de abril no CVC Valadares. Nestes Obradoiros Didácticos, o alumnado coñecerá a historia deste canto improvisado, así como as ferramentas básicas para construír e cantar unha copla de regueifa.

Distribuir contenido