Skip to Content

Improvisación oral en verso-regueifa con Branca Trigo

19/11/2025 17:00
19/11/2025 20:00

Achegamento á improvisación oral en verso (regueifas, brindos, xaneiras...), módulo impartido pola conta de conta de Branca Trigo (Instagram @brancatrigo).

Comeza o curso lectivo 2025/2026 do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo

Cartel narración e verso.jpg

Comeza o curso lectivo 2025/2026 do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo.

Entre as propostas deste ano está un novo curso de Achegamento á improvisación oral en verso (regueifas, brindos, xaneiras...), módulo impartido pola conta de Branca Trigo (Instagram @brancatrigo).

Ademáis haberá un curso de Narración Oral / Contacontos. Esta proposta vaise dividir en tres módulos:

1.-O propiamente dito Narración oral/Contacontos impartido por Cris de Caldas (https://www.instagram.com/crisdecaldas/ on Instagram; en Cris de Caldas en facebook) e Dani Blanco

Certame comarcal de poesía improvisada no Morrazo

573538401_18292500736284248_178298031498328429_n.jpg

O auditorio municipal de Cangas acolleu o mércores 5 de novembro o Certame Comarcal de Poesía improvisada do Morrazo.
Durante todo o mes de outubro leváronse a cabo obradoiros nos centros de Educación Secundaria e máis dun cento de estudantes participaron no certame que tivo lugar en Cangas baixo o lema:
Regueifando no Morrazo
tempo de improvisación
entre versos e cantigas
continúa a tradición.

Actuación regueifeira na Asociación Monde da Mina en Vigo

11/10/2025 19:00

Actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación xuvenil e adulta. Ofertada pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Territorio Regueifa, o espectáculo, no FIOT Carballo

04/10/2025 20:00

Combinando o xeito de regueifar, a retranca e a música cos códigos do teatro de proximidade, tres recoñecidos regueifeiros e músicos traen á escena unha forma moi nosa de humor e crítica social, achegando ao público de hoxe a historia, o oficio, e o mundo desta ancestral expresión cultural.

Territorio Regueifa, o espectáculo, no FIOT Carballo

03/10/2025 21:00

Combinando o xeito de regueifar, a retranca e a música cos códigos do teatro de proximidade, tres recoñecidos regueifeiros e músicos traen á escena unha forma moi nosa de humor e crítica social, achegando ao público de hoxe a historia, o oficio, e o mundo desta ancestral expresión cultural.

Mesa redonda: A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas, no FIOT Carballo

24/09/2025 18:00

O Consello da Cultura Galega colabora co festival organizando en Carballo unha mesa redonda que pon o foco na requeifa, un rico elemento do noso patrimonio cultural inmaterial que protagoniza a ambiciosa e inédita proposta escénica Territorio Regueifa, de Ainé Producións e coproducida polo FIOT.

Os regueifeiros e especialistas neste xénero artístico Alejo Amoedo, Domingo Blanco, Lupe Blanco e Manuel Maseda participarán nesta sesión.

Avance do documental ‘Ao son da nova regueifa’ no FIOT de Carballo

24/09/2025 17:30

Avance do documental ‘Ao son da nova regueifa’ que retrata o renacer desta arte de improvisación oral para descubrir as voces que a manteñen viva na actualidade no Pazo da Cultura de Carballo.

Regueifas no XXXII Revoltallo

20/09/2025 13:00
20/09/2025 14:00

Quenda para as regueifas nesta nova edición do Revoltallo, a XXXIII, en Valladares

Improvisación oral en verso-regueifa continuación con Branca Trigo

31/10/2025 17:00

Achegamento á improvisación oral en verso (regueifas, brindos, xaneiras...), módulo impartido por Branca Trigo (Instagram @brancatrigo).

Distribuir contenido