O auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acollerá o vindeiro 25 de xaneiro unha nova edición do Certame Internacional de Regueifas. Nesta cita, que xa vai polo número 28, estarán, xunto cos regueifeiros galegos Antonio e Suso de Xornes, Bieito Lobariñas, Josinho da Teixeira e Luis “O Caruncho”, versadores canarios e portugueses, procedentes da illa de Madeira.