Skip to Content

Ponencia sobre a Regueifa na UNIniversidade de Cambridge

A Doutora da Universidade de Leeds, D. María Seijo-Richart presentou unha ponencia titulada: A regueifa como antecesora do rap, o vindeiro 23 de xuño, dentro da I Conferencia Internacional sobre o Hip-Hop que se vai celebrar na Universidade de Cambridge.
Nos ficheiros achegados podes descargar a ponencia e a crónica que fixo a doutora do evento.

Información sobre a actividade (en inglés):
http://hiphopstudies.org/Hip_Hop_Studies/Events/Events.html
Borrador do programa (en inglés):
https://docs.google.com/document/d/1hbTBcCuIKeQav2-8VxrX5r2aYrmElHioiC_P...

Festinha da Regueifa en Compostela

17/04/2026 18:00

Festinha da Regueifa en Compostela

Festinha da regueifa cartaz

O vindeiro 17 de abril, ás 18:00, na Libraría Aenea, celebrarase a Festinha da Regueifa, um encontro de nenos e nenas a fazer festa da poesia cantada e improvisada.
A regueifa é um jogo, um espectáculo, umha forma de expressom persoal e coletiva... e um motivo para reunir numha festa as crianças regueifeiras e siareiras do repentismo numha festa organizada por elas mesmas, de forma autogestionada.
Na Festinha participarán nenos e nenas de 4 a 10 anos do obradoiro de regueifa da Escola Semente, de vários colégios de Compostela, que se reúnem semanalmente no CS A Gentalha do Pichel.

Novo mapa interactivo da regueifa

Novo mapa interactivo da regueifa

~NOVO MAPA INTERACTIVO DA REGUEIFA~

Temos o pracer de anunciarvos que, grazas a unha subvención para a realización de actividades culturais, convocada polo Área de Cultura da Deputación da Coruña, acaba de entrar en funcionamento, no enderezo arriba

XV Certame escolar de Regueifas

XV Certame escolar de Regueifas

O pasado 11 de marzo o Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acolleu a décimo quinta edición do Certame Escolar de Regueifas no que alumnos de distintos centros da cidade de Vigo puxeron sobre o escenario o aprendido nos obradoiros impartidos nos seus centros por parte da Asociación ORAL de Galicia en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Foi unha xornada de humor e moita festa onde o máis importante foi poñer en valor a arte da improvisación en lingua galega.

Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral impartido por Déborah Vukušić

05/05/2026 17:00
05/05/2026 20:00

No Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57).

Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral impartido por Déborah Vukušić

30/04/2026 17:00
30/04/2026 20:00

No Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57).

Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral impartido por Déborah Vukušić

28/04/2026 17:00
28/04/2026 20:00

No Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57).

Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral impartido por Déborah Vukušić

23/04/2026 17:00
23/04/2026 20:00

No Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57).

Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral impartido por Déborah Vukušić

21/04/2026 17:00
21/04/2026 20:00

No Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57).

Distribuir contenido