Territorio Regueifa, o espectáculo, no FIOT Carballo
Enviado por admin o Mércores, 24/09/2025 - 10:24.
04/10/2025 20:00
Combinando o xeito de regueifar, a retranca e a música cos códigos do teatro de proximidade, tres recoñecidos regueifeiros e músicos traen á escena unha forma moi nosa de humor e crítica social, achegando ao público de hoxe a historia, o oficio, e o mundo desta ancestral expresión cultural.