Skip to Content

Mesa redonda: A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas, no FIOT Carballo

24/09/2025 18:00

O Consello da Cultura Galega colabora co festival organizando en Carballo unha mesa redonda que pon o foco na requeifa, un rico elemento do noso patrimonio cultural inmaterial que protagoniza a ambiciosa e inédita proposta escénica Territorio Regueifa, de Ainé Producións e coproducida polo FIOT.

Os regueifeiros e especialistas neste xénero artístico Alejo Amoedo, Domingo Blanco, Lupe Blanco e Manuel Maseda participarán nesta sesión.