Skip to Content

Regueifa na Reconquista

06/04/2024 19:30

A regueifa recunca na Reconquista, desta vez da man dos regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez; que estarán acompañados polas regueifeiras do CIOV.

IV Encontro Interescolar de Improvisación

04/04/2024 18:30

A Pobra do Brollón acolle o IV Encontro Interescolar de Improvisación este xoves 4

Unha mostra de brindo e regueifa co alumnado do colexio da Pobra ademais de centros educativos de Monforte, Vilalba, Vila de Cruces, Caldas de Reis e O Courel.

Será a partir das 18:30 na Casa da Cultura 'Olga Novo', e é aberto ao público.

Ademais da mostra, ao longo da xornada realizarase unha visita ao colexio e un roteiro polo Camiño de Inverno para xs participantes.

Gala de entrega de premios Enreguéifate 2024

03/04/2024 11:00

O mércores, 3 de abril, ás 11:00 horas, dará comezo no Teatro Principal de Santiago de Compostela a Gala Enreguéifate 2024. Trátase dun acto no que se entregarán os premios Enreguéifate, o certame de regueifas impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo e que pon o broche de ouro á súa sexta edición. Este ano presentáronse un total de 56 regueifas, e doce delas recollerán o seu galardón nesta gala.

Regueifa na Laracha

17/03/2024 13:00

A regueifeira Lupe Blanco amenizará cos seus cantares de cego a representación sobre o último rei de Galicia, que se celebará en lendo (A Laracha).

Liga da Regueifa de Carballo

Novo paso da concellería de Normalización Lingüística de Carballo para a promoción da regueifa no municipio e na comarca bergantiñá. Así, logo da creación da Escola de Regueifa, que está a piques de acadar xustamente un ano de vida e que vai a máis en alumnos de todas as idades, agora a través do servizo de normalización lingüística o que se porá en marcha é a primeira Liga de Regueifa de Carballo.

Liga da Regueifa de Carballo

Novo paso da concellería de Normalización Lingüística de Carballo para a promoción da regueifa no municipio e na comarca bergantiñá. Así, logo da creación da Escola de Regueifa, que está a piques de acadar xustamente un ano de vida e que vai a máis en alumnos de todas as idades, agora a través do servizo de normalización lingüística o que se porá en marcha é a primeira Liga de Regueifa de Carballo.

Regueifa Tour en Moanha

08/03/2024 17:30

O Regueifa Tour chega a Moaña o 8-M.

As Regueifeiras da Semente chegan a Moaña na súa xira que comezou en
setembro en Vigo e continuou no Courel, Vilalba, Vila de Cruces, Viana
do Bolo e, en Euskal Herria, en Lekeitio, Derio e Donosti.

O obxectivo é levar a regueifa a locais onde se reunan adolescentes en
festas de poesía oral improvisada onde a regueifa sexa a protagonista,
fóra do horario escolar.

Este 8 de marzo, ás 17.30, o Regueifa Tour celebrarase em Moaña,
dentro das actividades feministas do Concello, na Casa da Mocidade.

Regueifa en Donostia

24/02/2024 21:00

A regueifa recunca á Casa de Galicia de Guipúscoa da man de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. O evento terá lugar o vindeiro sábado 24 de febreiro ás 9 da noite.

Regueifa en Taboada

11/02/2024 19:30

A regueifa chegará á XXXII FEsta do Caldo De Ósos de Taboada da man de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. Será o domingo 11 de febreiro na Praza de Riazón.

Ano 2024

Distribuir contenido