Skip to Content

Regueifa e Desgarrada minhota na 9ª edición do Convergências

11/02/2023 19:59

A parella de Cantadores ao Desafio, Augusto Canário e Cândido Miranda estarán acompañados polos regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira; no Auditorio Municipal de Ponteareas, o sábado 11 de febreiro ás 20.00h.

Sinopse: Animação e alegria não irão faltar, nesta tarde em que estarão evidenciadas as semelhanças entre as duas culturas, representadas pelos seus cantares tradicionais na sua forma mais pura.Non a perdades!

Brindos na Pobra do Brollón

27/01/2023 20:15

As regueifeiras Alba María e Sara Marchena realizarán un obradoriro de brindos na Pobra do Brollón. Será o venres 27 de xaneiro ás 20.15 da tarde.

Regueifas na Asociación Helios de Bembribe

11/02/2023 19:00

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez realizarán a presentación do acto do aniversario do grupo de baile do grupo Helios de Bembrive. Será o sábado 11 de febreiro ás 7 da tarde.

Regueifas no San Brais de Bembribe 2023

02/02/2023 21:00

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Luís O Caruncho realizarán un debate en verso durante as festas do San Brais de Bembribe 2023. Será o xoves 2 de febreiro ás 9 da noite.

Obradoiro de regueifa no IES Xunqueira 1

19/01/2023 12:30

Obradoiro de regueifa no IES Xunqueira 1 de Pontevedra a cargo de Bieito Lobariñas e Kike Estévez.

Obradoiro de regueifas na Fonsagrada

27/01/2023 10:20

Obradoiro de regueifas na Fonsagrada a cargo de Lupe Blanco. Será no IES Fontem Albei o venres 27 de xaneiro.

Obradoiro de Regueifa en Carballo

10/02/2023 19:00

A coristanquesa Lupe Blanco impartirá un obradoiro de Regueifa en Carballo o venres 10 de febreiro. Para inscribirse hai que enviar un correo ao enderezo guadalupeblancovazquez@gmail.com

Obradoiro de regueifa no Anxel Fole (Lugo)

12/01/2023 10:00

Alumnado de 4.º ESO participou o 12 de xaneiro nun obradoiro de regueifa impartido no centro por Luís o Caruncho e Pinto de Herbón, da Asociación ORAL de Galicia.
A actividade permitiu que os/as rapaces/zas coñecesen as orixes, finalidades e características formais da regueifa, que se achegasen ao mundo da improvisación oral en verso e ás súas distintas manifestacións, e que se soltasen a regueifar seguindo a melodía e o molde estrófico aprendidos.

II Premios Galegos da Regueifa (Carballo)

07/01/2023 18:00

O vindeiro sábado 7 de xaneiro no Pazo de Carballo ás 18.00, terá lugar a segunda edición de Espalla Rimas: Premios Galegos da Regueifa, promovidos por La Voz de Carballo xunto coa Consellería de Cultura, o Grupo Calvo e o Concello de Carballo. Un festival con tres modalidades: RegueInfas, RegueiNovos e RegueiAstros, estas dúas últimas en formato concurso.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2022/12/18/voz-c...

Actuación Fin de Curso no CIOV

28/12/2022 19:00

A improvisadora Alba María estará xunto ao seu irmán Queco no Café De catro a catro (Vigo), co gallo do fin do curso de regueifas do CIOV, que rematou este Nadal. Ademais, o alumnado participante no antedito curso realizará unha mostra do aprendido xunto ao seu profesor, o vigués Kike Estévez...
Non o perdades! #CIOV #FindeCurso

Distribuir contenido