Skip to Content

Regueifa en Sanamedio (Bueu)

11/06/2022 19:00

O día 11 de xuño haberá regueifa no "ID´A SAN MOMED", xornadas de poesía e mar en Sanamedio (Bueu); coa participación de Lupe Blanco e Kike Estévez.

Regueifa en Bueu

17/05/2022 19:00

Os regueifeiros Lupe Blanco e Suso de Xornes actuarán en Bueu o día 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas.

Regueifa na Bouza

17/05/2022 18:00

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Kike Estévez actuarán en Vigo, no parque da Bouza, o día 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas.
SUSPENDIDA

ACTUACIÓN SUSPENDIDA POR MOR DA CHUVIA

RegueiMúsicas para a Semente

24/04/2022 18:00

[vía Semente Trasancos]

Regueifas com: Manolo Maseda, Séchu Sende, O Rabelo, Lupe Blanco e as Regueifeiras da Semente
Música com: High Paw e Gaëlo

Encontro "Regueiglobertso"

07/04/2022 12:00

[vía Regueifesta]

Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e Vila de Cruces están participando no encontro "Regueibertso" en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso.Regueifeir@s da Galiza, glosad@rs dos Paises Cataláns e bertsolaris basc@s adolescentes reúnense neste encontro de dúas xornadas educativas.

Esta é a cuarta vez que regueifeiras adolescentes visitan Igorre, nun proxecto que ven reunindo cada ano repentistas de Galiza, Cataluña e Galiza nun destes tres países. O vindeiro ano Galiza será o país anfitrión.

Festival de Regueifa en Moaña (para Alumnado de 5º Primaria)

05/04/2022 10:00

Ata 130 estudantes de 5º de Primaria de case todos os colexios de Moaña participarán mañá na Sala Celso Parada de Quintela nun festival de poesía improvisada.

Regueifeiras no Fiando Redes do Rosal

26/03/2022 20:00

A Asociación de Mulleres Rurais de Fornelos de Montes organiza o espectáculo e obradoiro "Regueifeiras" a través do programa Fiando Redes da Deputación de Pontevedra e en colaboración co Concello. No evento participarán Lupe Blanco e Olalla Liñares.

Regueifeiras no "Fiando Redes" en Fornelos de Montes

25/03/2022 19:15

A Asociación de Mulleres Rurais de Fornelos de Montes organiza o espectáculo e obradoiro "Regueifeiras" a través do programa Fiando Redes da Deputación de Pontevedra e coa colaboración do Concello. No evento participarán Lupe Blanco e Olalla Liñares.

Regueifeiras no festival "Ímonos pór moradas"

27/03/2022 18:30

As regueifeiras Lupe Balnco e Alba María conducirán o festival que se celebrará no Auditorio do CVC Valadares, o día 27 de ,arzo ás 18.30h.

Regueifeiras no "Fiando Redes" en Salceda de Caselas

13/03/2022 17:15

A Asociación de Mulleres Rurais Caselas, organiza o espectáculo e obradoiro "Regueifeiras" a través do programa Fiando Redes da Deputación de Pontevedra e coa colaboración do Concello. No evento participarán Lupe Blanco e Olalla Liñares.

Distribuir contenido