Skip to Content

Regueifeiras polo 8m en Coia

10/03/2022 18:00

O Xoves 10 de Marzo no salón de actos da parroquia Cristo da Victoria, actuación das regueifeiras Alba Mª e Lupe Blanco . As 18 h.
Entrada de balde

XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)

18/02/2022 10:00

O vindeiro venres 18 de febreiro celebrarase o XII Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo. A gala será conducida polos regueifeiros Luís O Caruncho e Pinto de Herbón

Obradoiros de regueifa en Moaña

14/02/2022 09:00

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña, que dirixe Aldán Santamarina, en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística dos colexios de educación primaria de Moaña, está a organizar para o alumnado de 5º de Primaria os obradoiros de poesía improvisada coa finalidade de ensinarlles a técnica da improvisación en verso ou regueifa e fomentar, deste xeito, a oralidade en galego nun contexto informal. Están impartidos polos coñecidos regueifeiros Luis o Caruncho e Pinto d´Herbón. Desenvólvense dentro da campaña 21 días en galego para reforzala entre o alumnado.

Obradoiros do Concello de Vigo

03/02/2022 12:00

Obradoiros do Concello de Vigo

Esta semana comezan os obrdoiros de regueifa nos centros do Concello de Vigo. Nesta edición participan máis de 20 centros da cidade e os obradoiros estarán impartidos polxs regueifeirxs Lupe Blanco, Bieito Lobariñas, Pinto d´Herbón, Josinho da Teixeira e Luís O Caruncho. Como evento final o venres 18 de febreiro celebrarase en Valadares unha demostración que realizará o alumnado clasificado dos diferentes centros participantes.

Premios Galegos da Regueifa (Carballo)

08/01/2022 18:00

O vindeiro sábado 8 de xaneiro celebraranse no Pazo da Cultura de Carballo a 1ª edición dos Premios Galegos da regueifa, organizados pola Voz de Galicia.
Estes premios terán forma de festival e constarán de diversos apartados, como unha competición entre novos regueifeiros e outra na que se enfrontarán entre si versificadores xa consagrados.
Xa sabedes, o sábado todo o mundo a Carballo!!

Regueifas no programa "No Nadal un conto"

23/12/2021 12:00

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza unha serie de regueifas durante este Nadal, dentro do programa "No Nadal un conto". As regueifas terán lugar en catro xornadas diferentes, e celebraranse nos mercados da cidade durante o mediodía. O día 23 de decembro comezan estas actuacións coa disputa en verso na que participarán os regueifeiros Luís O Caruncho e Kike Estévez, e que terá lugar no Mercado das Travesas.

Regueifas no programa "No Nadal un conto"

28/12/2021 12:00

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza unha serie de regueifas durante este Nadal, dentro do programa "No Nadal un conto". As regueifas terán lugar en catro xornadas diferentes, e celebraranse nos mercados da cidade durante o mediodía. O día 28 de decembro gozaremos coa disputa en verso na que participarán os regueifeiros Kike Estévez e Josinho da Teixeira, e que terá lugar no Mercado do Calvario.

Regueifas no programa "No Nadal un conto" (Vigo)

29/12/2021 12:00

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza unha serie de regueifas durante este Nadal, dentro do programa "No Nadal un conto". As regueifas terán lugar en catro xornadas diferentes e celebraranse nos mercados da cidade durante o mediodía. O día 29 de decembro gozaremos coa disputa en verso na que participarán @s regueifeir@s Lupe Blanco e Bieito Lobariñas, e que terá lugar no Mercado do Progreso.

Regueifas no programa "No Nadal un conto" (Vigo)

30/12/2021 11:30

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza unha serie de regueifas durante este Nadal, dentro do programa "No Nadal un conto". As regueifas terán lugar en catro xornadas diferentes, e celebraranse nos mercados da cidade durante o mediodía. O día 30 de decembro gozaremos coa disputa en verso na que participarán @s regueifeir@s Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, e que terá lugar no Mercado de Teis.

Obradoiro en Chantada

17/12/2021 17:00

A regueifeira Lupe Blanco dará un obradoiro no Espazo Xove de Chantada.

Distribuir contenido