Obradoiros de regueifa en Moaña
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña, que dirixe Aldán Santamarina, en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística dos colexios de educación primaria de Moaña, está a organizar para o alumnado de 5º de Primaria os obradoiros de poesía improvisada coa finalidade de ensinarlles a técnica da improvisación en verso ou regueifa e fomentar, deste xeito, a oralidade en galego nun contexto informal. Están impartidos polos coñecidos regueifeiros Luis o Caruncho e Pinto d´Herbón. Desenvólvense dentro da campaña 21 días en galego para reforzala entre o alumnado.
Os obradoiros realizaranse nos centros escolares de Domaio, Reibón, Seara, Quintela, Abelendo e Tirán seguindo un calendario que comenzou o pasado lunes 14 de febreiro nos de Domaio, de 10:30 a 12:00 e Tirán, de 13:00 a 14:30. Onte celebrouse no CEIP de Reibón, de 10:05 a 11:35 para o 5º B e de 12:30 a 14:00 para o curso 5º A. Hoxe o obradoiro está previsto no CEIP Seara, de 12:40 a 14:10 e o luns 21 nos centros de Abelendo, de 10:25 a 11:55 e de Quintela, de 12:15 a 13:45.