Skip to Content

Obradoiro de perfeccionamento de regueifa

07/12/2019 17:30

Obradoiro de perfeccionamento impartido por Lupe Blanco os días 7, 14, 21 e 28 de decembro na Fundación Eduardo Pondal (Ponteceso).

Esta actividade está enmarcada no III Encontro de Nov@s Bard@s da Regueifa, e terá lugar de 17.30h a 20.30h, todos os sábados de decembro.

Regueifeir@s en Pontevedra

21/11/2019 19:00

@s Regueifeir@s Lupe Blanco e Josinho da Teixeira estiveron en Pontevedra na gala de premios de debuxo e relato contra a violencia de xénero

Presentación de "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro"

30/11/2019 17:00

O día 30 de novembro realizarase unha presentación do libro "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro", editado pola Escola de Música de Compostela aCentral Folque, no Culturgal. O acto contará coa presenza do seu autor, Kike Estévez, e estará acompañado pola regueifeira Alba María. A presentación comezará ás 17.00h.

Regueifeirxs no Zig Zag

27/11/2019 16:30

O día 27 de novembro xs regueifeirxs Alba María e Kike Estévez participarán no programa Zig-Zag da TVG2 para falaren do proxecto é-brindo e é-romance da Escola de Música de Compostela aCentral Folque.

Presentación de "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro"

26/11/2019 19:00

O día 26 de novembro realizarase unha presentación dos libros "Ribeira de Louzarela, brindador da dentro" e "Romanceiro tradicional", editados pola Escola de Música de Compostela aCentral Folque. O acto terá lugar no Cárcere Vello de Lugo e contará coa presenza dos seus autores, Kike Estévez e José Luís Forneiro. A presentación comezará ás 19.00h.

Regueifeiras na IV Foliada en Baio

23/11/2019 21:00

As regueifeiras Lupe Alba e Alba María estarán na IV Foliada de Baio. O acto comezará ás 21.00h no Auditorio de Baio.

Regueifeir@s en Rianxo

25/11/2019 20:00

O día 25 de novembro, co gallo da xornada contra a violencia machista, actuarán en Rianxo @s regueifeir@s Alba María e Kike Estévez.

Obradoiro de iniciación á regueifa

19/11/2019 16:00

Obradoiro de iniciación á regueifa impartido por Semente na Mostra "De Repente, em Compostela".

Será de 16.00 a 18.00h na Casa do Taberneiro (Compostela)

Obradoiro de iniciación á regueifa

20/11/2019 16:00

Obradoiro de iniciación á regueifa impartido por Semente na Mostra "De Repente, em Compostela".

Será de 16.00 a 18.00h na Casa do Taberneiro (Compostela)

Encontro de Repente Galego - Portugués "De repente, en Compostela" (19/11/19)

19/11/2019 10:30

No día 19/11/19 terá lugar o I Encontro de Repente Galego - Portugués "De repente, en Compostela" no IES Rosalía de Castro (Compostela)(19/11/19)

Distribuir contenido