Skip to Content

Seram de regueifa no CS O Quilombo (Pontevedra)

24/04/2019 20:00

O Quilombo
15 de Abril ás 13:16 ·
[CICLO DE ORALIDADE]

Na quarta-feira 24 de abril começamos o ciclo de oralidade, que terá atividades cada duas semanas (sempre às 20:00):

-24 de abril: serám de regueifa.
-8 de maio: serám de estilo livre (rap).
-22 de maio: obradoiro de narraçom oral.
-5 de junho: fiada (micro aberto).

Regueifa en Ponteceso

27/04/2019 18:00

Na praza do Relleno, o sábado 27, a partir das 18.00 h, temos unha cita coa tradición oral da man de Alba María, Lupe Blanco, Suso de Xornes, Antonio de Xornes, Iñaki Iturriotz, Catarina Canyelles e Alumnado de Regueifa e Improvisación Oral en Verso do IES Maximino Romero de Lema. Galicia, País Vasco e Cataluña unidos pola Cultura.

Regueifeiros no Arde o Pazo 2019

27/04/2019 20:30

O día 27 de abril os regueifeiros Mani Braga e Kike Estévez amenizarán a xornada no Arde o Pazo de Mos.

Regueifeiros na FeiraMostra Gondomar 2019

06/04/2019 13:00

A inauguración da MostraFeira Gondomar 2019 de Artesanía contará como mestres de ceremonia cos Reguefeiros da Galiza, improvisadores en verso que amenizarán coa súa arte a presentación do evento. Os regueifeiros que participarán serán Bieito Lobariñas e Luís O Caruncho.

Certame Escolar do Morrazo

09/04/2019 10:00

O vindeiro día 9 celebrarase o Certame Escolar do Morrazo. Será no Auditorio Municipal de Cangas e estará amenizado polos regueiferos Pinto de Herbón e Luís O Caruncho.

Regueifeiros na Reconquista 2019

30/03/2019 18:00

Luís O Caruncho + Kike Estévez actuarán no torreiro da Reconquista 2019

Obradoiro de regueifa na Complutense

20/03/2019 12:30

No Centro de Estudos Galegos, este mércores 20 ás 12.30 horas, na aula 210 do edificio D da facultade de filoloxía da Universidad Complutense de Madrid, Alba María vai dar un taller sobre regueifa e improvisación oral para o alumnado de galego e portugués.

Regueifeiros en Redondela

21/03/2019 20:00

O vindeiro xoves 21 de marzo ás 20 h. no multiusos da Xunqueira contaremos coa actuación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Kike Estévez, no acto de presentación da candidatura do BNG á alcaldía de Redondela.

Lupe Blanco Literata 2019

08/03/2019 12:00

O patronato da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso acordou por unanimidade designar como Literatas a Lupe Blanco, regueifeira, e a Natalia Lema, escritora nova. É un recoñecemento ao seu bo facer, ao seu propio e en xeral ao das mulleres. Un galardón que será entregado o día 17 de mayo, Día das Letras Galegas, pola tarde.

Regueifeir@s no Luar

16/03/2019 22:00

@s regueifeir@s Lupe Blanco e Suso de Xornes amenizaron a velada no programa Luar da TVG.

Distribuir contenido