Skip to Content

Presentación da Metodoloxía do Repente Galego

25/07/2018 18:15

O 25 de xullo terá lugar, co gallo do Festigal, a presentación do libro da ORAL, Metodoloxía do Repente Galego, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.

O acto contará coa presenza de Carlos Alonso (presidente da Asociación), Kike Estévez (regueifeiro e coautor do libro) e Alba María (regueifeira e investigadora). No acto ademais dunha sinxela presentación do libro haberá unha pequena demostración regueifeira.

Regueifeir@s en Meis

01/07/2018 12:00

A XI edición da Feira Labrega de Meis contará coa regueifa de Lupe Blanco e Bieito Lobariñas. O evento será pola mañán.

Regueifeir@s en Coristanco

30/06/2018 22:00

O sábado 30 de xuño estarán Lupe Blanco e Suso de Xornes no festexo pola Virxe do Corpiño de Oca (Coristanco). A romaría con regueifa comezará ás 22.00h.

Regueifeirxs no Ebrefolk 2018

13/07/2018 22:00

Xs regueifeirxs Alba María e Kike estévez estarán no Ebrefolk en Mora de Ebro (Tarragona) o 13 de xullo.

Obradoiro de Regueifa Feminina

25/06/2018 19:30

O luns 25, na Casa das Mulleres (Vigo), Esther das Luras e Silvinha guiarán un Obradoiro de Regueifa Feminina na Casa das Mulleres. Consiste en levar o discurso feminista ao ámbito da regueifa que tradicionalmente sempre tiveron unha carga machista.

https://amovida.gal/un-xuno-repleto-de-orgullo-lgtbi/

Regueifeiros no San Xoán (Poio)

22/06/2018 00:00

Regueifeiros no San Xoán (Poio)

Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Luís O Caruncho amenizaron o comezo da Festa do San Xoán en Poio (Pontevedra)

Homenaxe ao Ribeira de Louzarela

22/06/2018 12:00

Homenaxe ao Ribeira de Louzarela

O pasado venres 22/6/2018 tivo lugar na aldea de Louzarela (O Cebreiro) unha homenaxe ao brindeiro do Cebreiro, Antonio Río, pola súa traxectoria como improvisdador poética. Nela, inagurouse unha estatua de homenaxe e agradecemento aos seus 92 anos, 80 deles de brindeiro polas vodas da comarca, nos que ten actuado tamén na televisión (Luar, A Sentinela, Por amor á arte...), en Certames Internacionais (Valadares e A Coruña) ou mesmo en terras estranxeiras como Suíza, Madrid ou Barcelona.

Regueifeiros en Cerqueda

23/06/2018 17:00

Este sábado día 23 de xuño os regueifeiros de Bergantiños estarán en Cerqueda

Regueifeir@s en Río Castro

07/07/2018 20:00

Lupe Blanco e Luis O Caruncho estarán en Río Castro o 7 de xullo.

Regueifeiros en Combarro

06/07/2018 21:00

Mani Braga e Kike Estévez estarán nun evento poético en Combarro (Pontevedra). 21:00 / VERSO SOBRE ONDA. Regueifa con Quique e Mani

Distribuir contenido