Skip to Content

Regueifeiras na XI Xornada de Literatura de Tradición Oral

27/10/2018 10:15

A XI Xornada de Literatura de Tradición Oral "O rol da muller na literatura de tradición oral" é unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, que este ano se cerlbra na cidade de Lugo o 27 de setembro de 2018. Nesta xornada intervirán as regueifeiras Lupe e Alba, que falarán do papel da muller na improvisación poética na Galiza e da educación en igualdade a través do ensino da regueifa na escola:
19.30-20.30 Sesión práctica
Regueifa 2.0. Educando en igualdade
Alba María e Lupe Blanco

Obradoiro de Regueifa no CSCD As Pedriñas

26/09/2018 19:30

Hoxe 26 de setembro comezará un Obradoiro de Regueifa no CSCD As Pedriñas. No día de hoxe farase unha aula aberta e de balde a toda a xente que estea interesada. O encargado de impartir este obradoiro será o regueifeiro Kike Estévez.

Regueifeiros en Barakaldo

22/09/2018 21:00

O pasado sábado estiveron os regueifeiros Josinho da Teixeira e Bieito Lobariñas en Barakaldo co gallo das Xornadas KulturArte desta localidade vasca.

Resumo das xornadas: http://barakaldodigital.blogspot.com/2018/09/la-musica-une-culturas-en-a...

Regueifeiras no Luar (21/9/2018)

21/09/2018 23:00

O pasado venres estiveron as regueifeiras Lupe Blanco e Alba María no Luar da TVG.

Regueifa de Voda

15/09/2018 17:00

O día 15 de setembro, xs regueifeirxs Alba María e Kike Estévez regueifarán nunha voda na localidade de Chantada (Lugo).

Regueifa no II Festival Son Labrego

22/09/2018 18:00

No II Festival Son Labrego, o día 22 de setembro en Chantada, levaranse a cabo obradoiros entre os que haberá un de regueifa.

Regueifa e Rap en Redondela

08/09/2018 18:15

Co gallo da Romaría Cultural de Redondela, os regueifeiros Josinho da Teixeira e Kike Estévez, actuarán hoxe sábado a partir das 18.00h no recinto das casas vellas dos mestres republicanos.

Regueifa feminista no Festival 85C

07/09/2018 23:00

Este venres 7 de setembro celebrouse a primeira xornada do Festival 85C, onde se realizou un econtro regueifeiro feminista no Burla Negra (Vigo).

Regueifa no FIOT de Carballo

30/09/2018 21:00

O 30 de setembro estarán Lupe Blanco e Bieito Lobariñas no FIOT de Carballo.

Regueifeiros en Portugal

17/08/2018 22:00

O día 17 de agosto houbo regueifa no Festival Internacional de Folclore de Arouca (Portugal) a cargo de Josinho da Teixeira e Bieito Lobariñas.

Distribuir contenido