Skip to Content

Obradoiro de regueifa na EOI Lugo

20/02/2018 11:30

O martes 20 de febreiro realizarase un obradoiro de regueifa na EOI de Lugo. A encargada de levalo ao cabo será a regueifeira Alba María. Non o perdades..

2º Encontro de Mulleres Regueifeiras da Galiza

24/02/2018 10:00

2º Encontro de Mulleres Regueifeiras da Galiza

O 24 de febreiro celebrarase en Vila de Cruces o 2º Encontro de Regueifeiras da Galiza organizado polo proxecto Regueifesta. Neste encontro levaranse ao cabo obradoiros, actuacións, asembleas e unha foliada fin de festa.

Non a perdades!

Regueifando en Lalín

09/02/2018 10:30

A Asociación Oral e o Concello de Lalín organizan para este día unha xornada ao redor da regueifa coa presenza d@s regueifeir@s Alba María e Josinho da Teixeira.

Regueifeiros en Vilalba

09/02/2018 11:35

O día 9 de febreiro haberá regueifeiros amenizando a festa do Entroido no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba ás 11.30h.

Regueifas na presentación do xornal "O diario galego"

27/01/2018 20:00

Na presentación do xornal "O diario galego", un xornal diario, que Sermos Galiza proxecta lanzar en 2019, produciuse a intervención d@s regueifeir@s Lupe Blanco e Suso de Xornes.

Regueifa en Meis

09/02/2018 19:00

Caruncho e Pinto en Meis

Enreguéifate!

17/02/2018 18:00

Enreguéifate!

O proxecto Enreguéifate chega á súa segunda edición con novas accións e coa incorporación de tres novos municipios: Ames, Carballo e Teo súmanse a este proxecto, que tamén estrea páxina web: www.enregueifate.gal.

Regueifa no Entroido de Oza

10/02/2018 18:30

Obradoiros De Regueifa

20/01/2018 17:00

Obradoiros De Regueifa en Ponteceso

Todos os sábados, na aldea do Couto, haberá obradoiros impartidos por Lupe Blanco, que estará regueifando e ensinando a arte da improvisación tan propia da comarca bergantiñá, para quen queira participar ou simplemente oír.

Estades tod@s convidado@s a pasar unha tarde regueifeira.

Presentación do libro “Metodoloxía Didáctica do Repente Galego"

17/01/2018 20:00

O vindeiro mércores 17 de xaneiro, ás 20.00h, terá lugar a presentación do libro “Metodoloxía Didáctica do Repente Galego n´A Fonte do Galo Rock´N Roll Bar, coa participación dun d@s autor@s, Kike Estévez.

1. Para comezar o faladoiro faremos unha pequena introdución do libro que vén de saír do prelo, Metodoloxía do repente galego
2. En segundo lugar achegarémonos un pouco á actualidade da improvisación oral en verso na Galiza e arredor do mundo

Distribuir contenido