Skip to Content

XI Xornada de recursos educativos en galego (2018): A educación musical

21/11/2018 18:00

O vindeiro mércores 21 de novembro, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XI Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada á educación musical. Desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus NORTE), co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega. Nesta xornada, a regueifa como recurso educativo terá cabida con dous relatorios:

18:00-18:45 A regueifa como recurso educativo (mesa de experiencias e coloquio)

1. A regueifa: unha ferramenta didáctica, Marta Souto González, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
En 2003 o SNL do Concello de Vigo e a asociación ORAL de Galicia ofreceron por vez primeira uns obradoiros sobre improvisación oral aos centros de ensino medio vigueses, que acollen un alumnado urbano, castelán falante e que asocia a improvisación ao rap e ao hip-hop. O obxectivo era achegar a xente moza ao galego nun espazo de uso distendido. Daquela participaron catro centros e 100 mozos e mozas, dos cales 15 animáronse a regueifar de xeito “improvisado”. En 2018 son 12 os centros, cuns 600 participantes, dos cales acaban regueifando 100 no XIII certame escolar de improvisación oral.

2. Proxecto "Regueifesta", Manolo Maseda e Séchu Sende, mestres e regueifeiros

xORNADA: http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/recursoseducativos.html

pROGRAMA: http://www.usc.es/gl/servizos/snl/dinamizacion/recursoseducativos_progra...