Skip to Content

Regueifeiros en Redondela

21/03/2019 20:00

O vindeiro xoves 21 de marzo ás 20 h. no multiusos da Xunqueira contaremos coa actuación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Kike Estévez, no acto de presentación da candidatura do BNG á alcaldía de Redondela.

Lupe Blanco Literata 2019

08/03/2019 12:00

O patronato da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso acordou por unanimidade designar como Literatas a Lupe Blanco, regueifeira, e a Natalia Lema, escritora nova. É un recoñecemento ao seu bo facer, ao seu propio e en xeral ao das mulleres. Un galardón que será entregado o día 17 de mayo, Día das Letras Galegas, pola tarde.

Regueifeir@s no Luar

16/03/2019 22:00

@s regueifeir@s Lupe Blanco e Suso de Xornes amenizaron a velada no programa Luar da TVG.

Obradoiro de Regheifas en Carnota

04/03/2019 11:31

A regueifeira Lupe Blanco impartirá un obradoiro de regueifas na casa do concello de Carnota.

Exhibición Final do Certame Provincial de Regueifas

20/03/2019 10:00

O vindeiro mércores 20 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Narración Oral, celebrarase no Auditorio do CVC Valadares (Vigo) a 1ª Exhibición Final Provincial de Regueifas Escolares, organizada pola Asociación ORAL de Galiza e promovida polo Servizo Provincial de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra.

Obradoiros Didácticos + Certame de Regueifa da Deputación Pontevedra

14/02/2019 09:30

Corenta centros educativos participan no Certame Provincial de Regueifa impulsado pola Deputación

Consta de obradoiros didácticos nos centros educativos impartidos pola Asociación Oral e dunha exhibición final que terá lugar o Día Mundial da Narración Oral.

3º Certame de Coplas de Entroido de Gondomar

24/02/2019 12:00

Os regueifeiros Luís O Caruncho e Bieito Lobariñas presentarán o 3º Certame de Coplas de Entroido de Gondomar o vindeiro 24/2.

Escola de Regueifa Leonarda de Tallo (O Couto, Ponteceso)

26/01/2019 17:30

O vindeiro sábado 26 de febreiro comeza o proxecto Escola de Regueifa Leonarda de Tallo (O Couto, Ponteceso) para cativ@s, organizado pola Fundación Eduardo Pondal. A encargada de impartir os obradoiros será a regueifeira Lupe Blanco e se realizará durante os sábados dos vindeiros meses.

Regueifeiros en Donosti

09/02/2019 22:30

Os regueifeiros Mani Braga e Kike Estévez participarán no Barrikote 2019, celebración realizada pola Casa de Galicia de Gupúscoa en Donosti (Euskal Herria).

Obradoiro de regueifa feminista con Alba María (Lugo)

26/01/2019 11:00

Obradoiro de regueifa feminista 26 de janeiro das 11h às 14h no local do CS Madia Leva.
Obradoiro para pessoas adultas que queiram aprender a regueifar como recurso educativo para as aulas de primário e secundário mas também para qualquer pessoa que queira aprender a regueifar como ferramenta de protesto oral, público improvisado e coletivo. Alba Maria para além de nos ensinar algumha estrutura básica do rimo e melodia para regueifar a temática de toda a regueifa que se produza no obradoiro será feminista. As mulheres de Lugo vamos junto com Alba Maria fazer-nos ouvir!

Distribuir contenido