Skip to Content

Obradoiros Didácticos + Certame de Regueifa da Deputación Pontevedra

14/02/2019 09:30

Corenta centros educativos participan no Certame Provincial de Regueifa impulsado pola Deputación

Consta de obradoiros didácticos nos centros educativos impartidos pola Asociación Oral e dunha exhibición final que terá lugar o Día Mundial da Narración Oral.

Regueifeiros da Asociación Oral de Galiza comezan hoxe a impartir os obradoiros didácticos en centros educativos no marco do certame provincial de regueifas que promove o Servizo provincial de Cultura e Lingua. Esta iniciativa, que forma parte da programación cultural ao abeiro do Ano da Música, arranca na súa primeira edición con 40 centros educativos da provincia inscritos.