Skip to Content

Obradoiro de regueifa en Carballo

05/03/2018 10:01

LUNS 5 DE MARZO
Dous obradoiros no IES PARGA PONDAL: 1.º De 9.20 h a 11.00 h (Alba María) 2.º De 11.30 h a 13.10 h (Alba María e Lupe Blanco)

Regueifeir@s no Vivan as Tardes da TVG

08/03/2018 16:30

Antonio de Xornes, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira estarán no programa Vivan as Tardes da TVG entrevistados por Pili Pampín.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-improvisacion-retranca-e-rapidez-son-armas-que-debe-ter-un-bo-regueifeiro?platform=hootsuite

Obradoiros De Regueifa en Ponteceso

10/03/2018 18:00

Este mes de marzo haberá Obradoiros de regueifa,impartidos Lupe Blanco todos os sábados de 5 a 7 na Casa dos Veciños do Couto (Ponteceso), organizado pola A.C. Monte Branco.

Certame Enreguéifate 2018

05/03/2018 00:00

Dende o 5 de marzo até o 15 de abril está aberto o prazo para participar na II edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.

Regueifeiras no Luar (2/3/2018)

02/03/2018 22:30

Regueifeiras no Luar (2/3/2018)

Regueifa na Homenaxe a Rosalía

28/02/2018 11:30

Este mércores 28 haberá regueifa na Homenaxe a Rosalía de Castro que se celebrará na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O evento comezará ás 11.30h.
Medre a regueifa!

Obradoiro de regueifa na EOI Lugo

20/02/2018 11:30

O martes 20 de febreiro realizarase un obradoiro de regueifa na EOI de Lugo. A encargada de levalo ao cabo será a regueifeira Alba María. Non o perdades..

2º Encontro de Mulleres Regueifeiras da Galiza

24/02/2018 10:00

2º Encontro de Mulleres Regueifeiras da Galiza

O 24 de febreiro celebrarase en Vila de Cruces o 2º Encontro de Regueifeiras da Galiza organizado polo proxecto Regueifesta. Neste encontro levaranse ao cabo obradoiros, actuacións, asembleas e unha foliada fin de festa.

Non a perdades!

Regueifando en Lalín

09/02/2018 10:30

A Asociación Oral e o Concello de Lalín organizan para este día unha xornada ao redor da regueifa coa presenza d@s regueifeir@s Alba María e Josinho da Teixeira.

Regueifeiros en Vilalba

09/02/2018 11:35

O día 9 de febreiro haberá regueifeiros amenizando a festa do Entroido no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba ás 11.30h.

Distribuir contenido