Skip to Content

Obradoiro de Regheifas en Carnota

04/03/2019 11:31

A regueifeira Lupe Blanco impartirá un obradoiro de regueifas na casa do concello de Carnota.

Exhibición Final do Certame Provincial de Regueifas

20/03/2019 10:00

O vindeiro mércores 20 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Narración Oral, celebrarase no Auditorio do CVC Valadares (Vigo) a 1ª Exhibición Final Provincial de Regueifas Escolares, organizada pola Asociación ORAL de Galiza e promovida polo Servizo Provincial de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra.

Obradoiros Didácticos + Certame de Regueifa da Deputación Pontevedra

14/02/2019 09:30

Corenta centros educativos participan no Certame Provincial de Regueifa impulsado pola Deputación

Consta de obradoiros didácticos nos centros educativos impartidos pola Asociación Oral e dunha exhibición final que terá lugar o Día Mundial da Narración Oral.

3º Certame de Coplas de Entroido de Gondomar

24/02/2019 12:00

Os regueifeiros Luís O Caruncho e Bieito Lobariñas presentarán o 3º Certame de Coplas de Entroido de Gondomar o vindeiro 24/2.

Escola de Regueifa Leonarda de Tallo (O Couto, Ponteceso)

26/01/2019 17:30

O vindeiro sábado 26 de febreiro comeza o proxecto Escola de Regueifa Leonarda de Tallo (O Couto, Ponteceso) para cativ@s, organizado pola Fundación Eduardo Pondal. A encargada de impartir os obradoiros será a regueifeira Lupe Blanco e se realizará durante os sábados dos vindeiros meses.

Regueifeiros en Donosti

09/02/2019 22:30

Os regueifeiros Mani Braga e Kike Estévez participarán no Barrikote 2019, celebración realizada pola Casa de Galicia de Gupúscoa en Donosti (Euskal Herria).

Obradoiro de regueifa feminista con Alba María (Lugo)

26/01/2019 11:00

Obradoiro de regueifa feminista 26 de janeiro das 11h às 14h no local do CS Madia Leva.
Obradoiro para pessoas adultas que queiram aprender a regueifar como recurso educativo para as aulas de primário e secundário mas também para qualquer pessoa que queira aprender a regueifar como ferramenta de protesto oral, público improvisado e coletivo. Alba Maria para além de nos ensinar algumha estrutura básica do rimo e melodia para regueifar a temática de toda a regueifa que se produza no obradoiro será feminista. As mulheres de Lugo vamos junto com Alba Maria fazer-nos ouvir!

Xornada "A poesía improvisada como recurso educativo" (Moaña, 16/2/2019)

16/02/2019 09:00

O sábado 16/2/2019 celebrarase en Moaña a xornada "A poesía improvisada como recurso educativo"

Certame Escolar de Regueifas

15/02/2019 10:00

Un ano máis o SNL organiza obradoiros de regueifas e certame para os centros de ensino.
O certame será o día 15 de febreiro no CVC de Valadares no que participará o alumnado destes obradoiros.

As regueifeiras de Bergantiños practican nun grupo de WhatsApp

10/01/2019 11:39

"Yéssica anotouse a un curso de regueifa atraída pola tradición dos desafíos cantados tan populares noutro tempo en Bergantiños. O mesmo sentiron Carmen María, Laura, Mari e o resto das participantes no obradoiro impartido por Lupe Blanco na Fundación Pondal hai pouco máis dun ano. Pero aquela formación sóubolles a pouco e decidiron seguir practicando por outras vías... Agora regueifamos por WhatsApp."

Distribuir contenido