Skip to Content

II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)

19/11/2021 10:00

O CVC Valadares acubillará o II Certame Escolar Provincial de Regueifas, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL. A gala será conducida pol@s regueifeir@s Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, e comezará este venres sobre as 10 da mañá, cun auditorio cheo de aproximadamente 500 rapaces e rapazas de 10 institutos da provincia clasificados para este evento. Esta mostra celebrarase como cada ano, tras a impartición dos obradoiros correspondentes (dous por centro), que se levaron ao cabo no mes de outubro e a comezos de novembro por parte d@s docentes regeueifeir@s da ORAL de Galicia: Luís O Caruncho, Bieito Lobariñas, Pinto de Herbón, Kike Estévez e @s antedit@s Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.