- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- As regueifas animan o Revoltallo
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- Propostas premiadas no certame Enreguéifate 2023
- II Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2023
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2022
- XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)
- II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)
- IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)
- Certame Provincial de Regueifa 2021 (Pontevedra)
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021
- Fin de curso do CIOV 2021
- XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2020)
- Comeza o "Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!
- O derradeiro brindo do Ribeira
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Liga da Regueifa de Carballo
Enviado por admin o Xoves, 07/03/2024 - 20:56.
Novo paso da concellería de Normalización Lingüística de Carballo para a promoción da regueifa no municipio e na comarca bergantiñá. Así, logo da creación da Escola de Regueifa, que está a piques de acadar xustamente un ano de vida e que vai a máis en alumnos de todas as idades, agora a través do servizo de normalización lingüística o que se porá en marcha é a primeira Liga de Regueifa de Carballo. Consistirá nunha competición por parellas, que se formarán ao chou, nun sorteo entre todas as persoas inscritas, o mesmo sistema de confección que se vén facendo dende hai tres anos nos Premios Galegos da Regueifa que promove La Voz de Carballo.
Os terreos de «xogo» no caso desta liga serán os establecementos hostaleiros que queiran sumarse á actividade como colaboradores e que, no mes de maio, os sábados ás 20.00, acollerán as eliminatorias. Os agasallos teñen tradición: pan de ovo nas disputas parciais e unha boneca para o gañador ou gañadora. Inscricións en snl@carballo.gal.