Skip to Content

Continúan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025

carteles.jpg

Continúan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025

Neste último trimestre do ano as propostas son variadas:

Continúa o curso de Improvisación oral en verso-regueifa con Branca Trigo do ano lectivo 2024-2025. Impartirase no Verbum (Avd. Samil, 17), como ata agora, e as clases, de 17:00 a 20:00, serán algúns mércores e venres dos meses de setembro, outubro e novembro (máis información do horario na axenda desta web).

Ademáis, volve Kike Estévez impartir un curso de regueifa, tamén no Verbum (información na axenda).

E o CIOV oferta uns módulos de poesía, impartidos por Vanessa Glemsel do 9 de setembro ata o 13 de novembro de 2025. Entre os seus obxectivos está o de fomentar o interese por descubrir a beleza e a mensaxe que todo bo poema achega, ademáis de desenvolver a memoria e a imaxinación e traballar para que o alumnado acade unha maior riqueza léxica, dominio e articulación, entoación e pronunciación, así como maior destreza para a oralidade: falar, expoñer, comunicar en público. Información dos horarios das clases na axenda.

Para se inscribir é necesario enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (no “Asunto” debe poñer o nome do curso no que se anota, e indicará o seu nome completo e teléfono de contacto)