- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- As regueifas animan o Revoltallo
- Regueifas nas rúas en Vigo en Galego
- Regueifas en setembro
- Galicia estivo presente no XXIII Festival Internacional de Cante de Poetas
- Liga da Regueifa de Carballo
- Monográficos arredor da oralidade no CIOV (abril 2024)
- I Encontro Interxeracional Regueifeiro
- Certame Enreguéifate 2024
- Volven os cursos do CIOV (ano 2024)
- Propostas premiadas no certame Enreguéifate 2023
- II Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2023
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2022
- XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)
- II Certame Escolar Provincial de Regueifas (Valadares)
- IV Certame Comarcal de Regueifas (Morrazo)
- Certame Provincial de Regueifa 2021 (Pontevedra)
- Regueifas no ciclo "No verán un conto" do Concello de Vigo 2021
- Fin de curso do CIOV 2021
- XXIII Certame Internacional de Regueifas en Valadares (2020)
- Comeza o "Vai de regueifa", o concurso estrela na nova temporada do Luar!
- O derradeiro brindo do Ribeira
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
XII Certame Escolar de Regueifas (Vigo)
O Auditorio CVC Valadares albergou o XII Certame Escolar de Regueifas, grazas á colaboración da Concellaría de Normaización Lingüística do Concello de Vigo e a Asociación ORAL. A gala, conducida polos regueifeiros Pinto d´Herbón e Luís O Caruncho, comezou o pasado venres 18 de febreiro de 2022 sobre as 10 da mañá, cun auditorio cheo de aproximadamente 500 rapaces e rapazas dos 10 institutos do municipio vigués clasificados para este evento. Esta mostra celebrouse por décimo-segunda vez, tras a impartición dos obradoiros correspondentes (dous por centro), que se levaron ao cabo no mes de xaneiro e febreiro en diferentes centros do concello de Vigo por parte d@s docentes regueifeir@s da ORAL de Galicia: Luís O Caruncho, Bieito Lobariñas, Pinto de Herbón, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.
A gala comezou coas roldas previas (10), nas que participaron series de 10 alumn@s (100 en total), e das que sairían dúas persoas de cada serie para participar en semifinais. Na primeira rolda, o alumnado tiña que crear dúas coplas, a primeira delas de presentación individual: "Porque o mestre Mateo, fixo o pórtico da Gloria, eu que teño o mesmo nome, tentarei facer historia". Noutra das súas estrofas os presentadores solicitáronlles que comezasen co verso "traballar no mar é duro". Non tardaron en saír coplas como "Traballar no mar é duro, cando saen a faenar, sobre todo perigoso, as vidas hai que coidar". Noutra proba pedíronlles que rematasen co verso "problema solucionado", ao que rapidamente improvisaron coplas como: "Eu estaba moi nerviosa, regueifar non é doado, pero agora estou aquí, problema solucionado".
Á segunda quenda de semifinais chegaron só vinte persoas das 100 que comezaran a xornada. Nesta segunda fase, a dificultade das probas incrementouse, pois @s presentadores da gala pediron ás semifinalistas unha copla na que tiñan que incluír as palabras "barco, inverno e temporal". Un dos novos regueifeiros cantou: "Estamos en pleno inverno, época de temporal, o meu barco foi a pique, iso hai que lamentar".
Para rematar o evento, chegou a gran final, con catro participantes chegad@s das roldas de semifinais, que xa serían gañador@s do evento. Finalmente, os institutos máis laureados na xornada de onte foron o IES San Tomé de Freixeiro, que se proclamou gañador do Certame ao meter máis participantes na rolda de semifinais, levando como agasallo simbólico unha rosca xigante de 5kg de peso. En segundo lugar quedaron dous centros empatados, o Quiñones de León e o IES Álexandre Bóveda, que tamén levaron cadanseu agasallo consistente nunha rosca de 3 Kg de peso.
Outra nova edición do certame escolar de regueifa no Concello de Vigo, e xa van doce.
Mil primaveras máis para a regueifa en Valadares e longa vida ao Certame Escolar de Regueifas de Vigo!