Skip to Content

Quen somos?

A Asociación ORAL é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito galego fundada o 17 de maio de 1997 en Vigo por un grupo de persoas interesadas na conservación das tradicións populares improvisadas de carácter oral.

Dende a súa fundación vén funcionando marcándose o seguinte fin: “realizar todo tipo de actividades de estudo, investigación, creación, difusión, promoción, divulgación, formación etc. tendentes a recuperar e dignificar a tradición dos desafíos orais improvisados en verso máis coñecidos como regueifas, brindos, loias, ... ou calquera outra de carácter similar que teñan como denominador común a oralidade, o desafío, a improvisación, a rima, o enxeño ou a arte”.

Para rematar, deixamos esta ligazón ao programa de radio sobre regueifa, A Punta da Navalla, onde fala sobre todo isto o actual presidente da Asociación, Carlos Alonso.