- Somos
- Historia
- Facerse regueifeir@
- Disciplinas paralelas
- Axenda
- Novidades
- Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral no CIOV
- XXVIII Certame Internacional de Regueifas
- Certame comarcal de poesía improvisada no Morrazo
- Comeza o curso lectivo 2025/2026 do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo
- Continúan os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do ano lectivo 2024/2025
- 2ª Liga da regueifa de Carballo
- Éxito da regueifa en Villanueva de Tapia e máis en Trovalia (Cartaxena)
- Villanueva de Tapia (Málaga) celebra o seu festival de cante de poetas con trovadoras de 5 países
- A regueifa viaxa a Berlín
- Entrega dos premios da VIII Edición do Enreguéifate
- XIV Certame de Regueifas Escolar do Concello de Vigo
- Certame Enreguéifate 2025
- O que xa foi
- Vídeos
- Galería de Imaxes
- Documentos Sonoros
- Artigos xornalísticos
- Libros regueifeiros
- A Punta da Navalla
- Ligazóns
- Contacto
Módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral no CIOV
Enviado por admin o Mércores, 25/02/2026 - 12:05.
O CIOV oferta un novo módulo de Ferramentas teatrais para a narración oral, impartido por Déborah Vukušić, do 5 de marzo ata o 5 de maio de 2026.
Por que a técnica teatral axuda á narración oral? O teatro fomenta a expresividade, a profundidade e a conexión co público.
Expresión corporal e xestual: O coñecemento e consciencia do corpo para comunicar emocións, acción e personaxes pode enriquecer a narración oral e facela máis dinámina. Así mesmo o control da respiración e do corpo axuda a manter a calma nunha situación de estrés.
O uso da voz: O adestramento vocal teatral pode axudarlles ás persoas narradoras orais a proxectar as súas voces, moduladas segundo sexa necesario e darlles vida a diferentes personaxes e situacións da historia.
Emprego do espazo escénico: As técnicas teatrais poden ensinarlles ás persoas narradoras orais a usar o espazo de maneira efectiva, creando unha atmósfera envolvente e visualmente atractiva para o público.
Construción de personaxes: O traballo teatral na creación e construción de persoanaxes pode enriquecer o xeito no que se presentan os diferentes papeis nunha narración oral, facendo que sexan máis cribles e memorables.
Duración do módulo:
5, 12, 26, 31 de marzo; 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28, 30 de abril; 5 de maio de 2026
No Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57). De 17:00 a 20:00
+ 1 día de mostra, o 8 de maio de 2026. No Café de Catro a Catro (rúa Girona, 16)
Para inscribirse deben enviar un correo co seu nome e número de teléfono a actividades.snl@vigo.org
