Skip to Content

Regueifas no programa "No Nadal un conto"

23/12/2021 12:00

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza unha serie de regueifas durante este Nadal, dentro do programa "No Nadal un conto". As regueifas terán lugar en catro xornadas diferentes, e celebraranse nos mercados da cidade durante o mediodía. O día 23 de decembro comezan estas actuacións coa disputa en verso na que participarán os regueifeiros Luís O Caruncho e Kike Estévez, e que terá lugar no Mercado das Travesas. Nesta xornada participarán tamén Palmira Vicente e Albiña de Coia, representantes da nova xeración da regueifa e alumnas dos obradoiros impartidos pola Asociación ORAL no CIOV de Vigo e nos centros escolares da provincia de Pontevedra.

AdjuntoTamaño
regueifa de Nadal carunché.jpg297.4 KB
regueifa de Nadal caruncho-kike.jpg297.4 KB