Skip to Content

Homenaxe ao Ribeira de Louzarela (22/6/2018)

Homenaxe ao Ribeira de Louzarela

O pasado venres 22/6/2018 tivo lugar na aldea de Louzarela (O Cebreiro) unha homenaxe ao brindeiro do Cebreiro, Antonio Río, pola súa traxectoria como improvisador poético. Nela, inagurouse unha estatua de homenaxe e agradecemento aos seus 92 anos, 80 deles de brindeiro polas vodas da comarca, nos que ten actuado tamén na televisión (Luar, A Sentinela, Por amor á arte...), en Certames Internacionais (Valadares e A Coruña) ou mesmo en terras estranxeiras como Suíza, Madrid ou Barcelona.

Dende a Asociación ORAL sumámonos a esta merecida homenaxe a un cantador dos que xa non quedan.

Medre o brindo!
Longa vida ao Ribeira!