Axenda
O 26 de maio, Pinto d´Herbón e Luís O Caruncho estarán en Barro
O día 31 será o Certame de regueifas para escolares no Morrazo, coa participación de Pinto de Herbón e Luís O Caruncho
As regueifeiras Sil Vinha e Esther das Luras estarán nunha sesión vermute no Centro Social Faísca, co gallo do aniversario da Escola Semente de Vigo.
Regueifeiros no San Xoán (Poio)
Os regueifeiros Bieito Lobariñas e Luís O Caruncho amenizaron o comezo da Festa do San Xoán en Poio (Pontevedra)
Homenaxe ao Ribeira de Louzarela
O pasado venres 22/6/2018 tivo lugar na aldea de Louzarela (O Cebreiro) unha homenaxe ao brindeiro do Cebreiro, Antonio Río, pola súa traxectoria como improvisdador poética. Nela, inagurouse unha estatua de homenaxe e agradecemento aos seus 92 anos, 80 deles de brindeiro polas vodas da comarca, nos que ten actuado tamén na televisión (Luar, A Sentinela, Por amor á arte...), en Certames Internacionais (Valadares e A Coruña) ou mesmo en terras estranxeiras como Suíza, Madrid ou Barcelona.
