Skip to Content

Aberto o prazo de inscrición no Curso de improvisación oral en verso do CIOV (2020-2021)

O Servizo de Normalización Lingüística do Concelllo de Vigo continua coa posta en valor da regueifa cun novo Curso de improvisación oral en verso no Centro de Interpretación da Oralidade (CIOV). As aulas, impartidas polo regueifeiro Josinho da Teixeira, este ano serán os luns pola tarde no quinto andar do Auditorio do Mar de Vigo, con todas as medidas de seguridade.

Datas: (luns) 19, 26 de outubro; 2, 9, 16, 23, 30 de novembro; 14, 21 de decembro de 2020. O curso continuará os luns no ano 2021 ata maio
Horario: de 17:45 a 20:15
Lugar: Auditorio Mar de Vigo, 5ª planta (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 59)
Inscrición: de balde, na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (deben poñer no título da actividade: improvisación en verso)